O UD CORCUBIÓN FEMININO DESPIDE ESTE DOMINGO A SUA PARTICIPACIÓN NA LIGA F7 FEMININO DA CORUÑA-FASE DO TÍTULO GRUPO B

LIGA F7 FEMININO FASE DO TÍTULO GRUPO B

Gran tempada das corcubionesas na liga regufar e fase do título.

O UD Corcubión Feminino despide este Domingo 28 de Maio do 2023 a sua participación na Liga de Fútbol 7 da Coruña 2022/23 ca visita no Campo de Fútbol O Redondo de Montrove ante o Unión Campestre B, a partires das 12:00 horas, no derradeiro encontro da Fase polo titulo do Grupo B. Un encontro que poida que ata non se xogue, xa que o Unión Campestre alega estar falto de efectivos, e o encontro é inocuo para ambas escadras, xa que non se xogan nada.

As corcubionesas comandadas por Rubén Castillo, acabaron a liga regular na segnda posición por detrás do CD Marte, a 4 puntos e con 6 sobre as terceiras, UD Paiosaco e nesta fase rematarán tamén no segundo chanzo.

Na loita polo título comezaron segundas por detrás do Santa Cruz que comezou como lider con 3 puntos, por quedar primeiras no seu grupo, e contra elas foron os únicos dous encontros que perderon as de Corcubión, o que fixo que sexan estas as que sigan na loita polo título en detrimento das nosas.

Agora tras rematar a competición ligueira as corcubionesas centraranse na “III Copa da Costa” na que quedaron exentas da previa e entran diretamente nos Cuartos de Final nos que recibirán no Novo Cubaleiro, o 4 de Xuño, (en principio), ao Bergantiños FC que loita polo ascenso na Fase da 1ª División Galega.

Plantilla UD Corcubión : Noa, Elena, María Castro, Sara, Paula, Claudia, Marta Lavandeira, Elisa, Carla, Alexandra, Cristina, Adriana, Victoria, Andrea, Maruxa, Marta, Cristina, Marta Santiago, Cristina Adriana e Ana Sierra..

Adestrador : Rubén Castillo

 

-Foto : UD Corcubión

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies