O UD CERQUEDA ORGAÑIZA UNHAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DE FÚTBOL FEMININO DO 3 Ó 5 DE ABRIL.

 

Xornadas de Portas Abertas no UD Cerqueda

O UD Cerqueda que ten equipo na 2ª División Galega de Fútbol Feminino Grupo 2, orgañiza unhas Xornadas de Portas Abertas de Fútbol Feminino, que se desenrolarán do 3 ao 5 de Abril, ambos inclusive.

As xornadas que levará a cabo a entidade cerquedense teñen a colaboración da Asociación Malpica Deporte,  Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Malpica, e serán en horario de 17:00 a 19:00 horas tódolos días e poderán acudir a elas as rapazas nadas antes do 2008 ata ó 2015.

Estarán repartidas da seguinte maneira :

Promesas : do 2012 o 2015

Cadete : do 2008 ó 2011

Senior : anteriores ó 2008

Dende o UD Cerqueda animan a tódalas rapazas da zona que queiran ir a aprender e a disfrutar do deporte que se apunten. Para máis información contactar co clube diretamente ou por medio das suas redes sociais.

-Foto : Dani García

-Texto : Xosé Búa “Pirata”.