O UD CERQUEDA ORGAÑIZA UNHA XORNADA BENÉFICA SOLIDARIA, UN CAMPUS DE NADAL E A ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS PARA ESTE VINDEIRO MES DE NADAL.

 

Dende a UD Cerqueda, equipo da 3ª da Costa infórmannos das suas actiovidades deste vindeiro me de Nala, que consistirán nunha Xornada Benéfica Solidaria para o vindeiro 2 de Nadal cunha recollida de xoguetes na campaña “Ningún neo/a sen xoguetes”, e outra de alimentos do concello, onde toda a recaudación das rifas dese día será donada o Banco de Alimentos do Concello de Malpica será donada. Todo o que se recolla en canto a xoguetes, cartos e alimentos non perecedeiros dende á 16:00 ás 20:00 horas no Campo de Fútbol “Xaviña” de Buño, será donado polo clube cerquedense.

 

 

Campus de Nadal

Tamén orgañiza o Campus de Nadal de Fútbol e TE UD Cerqueda os días 16, 27, 28 e 29 de Nadal e os días 2, 3 e 4 de Xaneiro de 2024, en ambos casos de 10:00 a 14:00 horas, con prazas limitadas e para nenos/as de 5 a 16 anos de idade. Inclue, merenda, diplomas de asistencia o campus, trofeos e medallas. O prezo será de 100 euros o campus completo, e sinón, 60 para o de Nadal e 45 para o de xaneiro. O coordinador do campus será Adrián Gurita, adestrador UEFA A. colabora o Concello de Malpica, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Malpica Deporte, ao igual co UD Cerqueda, como na recollida de xoguetes e alimentos.

 

 

Asemblea Xeral de Socios

O UD Cerqueda anúncianos tamén a Asemblea Xeral de Socios que terá lugar no Local Social da Pozacas o vindeiro 14 de Nadalás 20:30 goras en primeira convocatoria e media hora despois en segunda se non houbese quorum. Nesta asemblea aprobaranse as actas anteriores se procede, haberá un informe da secretaría e darase conta do balance das contas deste exercicio así coma do deportvo, daranse a coñecer as propostas do presidente e para rematar os rogos e preguntas dos socios. O presidente Dani García invita a tódolos socios e afeccionados do clube cerquedense a asistencia tanto a asemblea coma aos actos orgañizados polo clube neste fin de 2023 e comezo do 2024.

-Fotos : UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies