O UD CERQUEDA LÉVASE O DERBI DA COSTA ANTE O ED AS MIÚDAS, E O XALLAS FC VENCE A DOMICILIO, NA 1ª XORNADA DA 2ª GALEGA FEMININA GRUPO 3.

ED As Miúdas

 

UD Cerqueda 2-1 ED As Miúdas

Encontro moi igualado na primeira metade no que non se movería o marcador. O choque comezou a trocar pasada a hora de xogo cando Naroa adiantaba as cerquedenses, (63´), e facía que as muradanas tivesen que buscar o empate deixando máis espazos. Un penalti transformado por Paula no 76 parecía finiquitar o choque, pero un novo penaltio, desta vez a favor das de Muros, (86´), e que tranformaba Patricia, mantiña as espadas en alto ata o pitido final.

Encontro que supoñía o fútbol para as rapazas do UD Cerqueda e do ED As Miúdas, non así para o UC Cee que lle tocaba descansar nesta tirada inicial. O choque foi dirixido por Iván ferreiro que non sacou ningún cartón, a pesares de ter pitado duas penas máximas. As muradasn chegaba con tan só 13 xogadoras a un choque moi esixente e cun Xaviña de Buño moi pesado.

UD Cerqueda : Lidia, Lucía, Mónica, Paula, Naroa, Cristina, Ana María, Natalia, Saskia, Lorena e Eva. Tamén xogaron : María Isabel, Nuria e Zeltia.

ED As Miúdas : Adriana, Marta, Sabela, Patricia, Clara, Leticia, Sofía, Saray, Marina, Paula e Lorena. Tamén xogaron : Noa e Alba.

Goles : 1-0, Naroa, (63´); 2-0, Paula, (76´de penalti); 2-1, Patricia, (86´de penalti).

 

Victoria FC “C” 0-1 Xallas FC

Debút para as xalleiras nun campo complicado e no que souberon frear as santiaguesas e levarse 3 puntos históricos. Yolanda no 56´, tras unha primeira metade que non se moveu o marcador, facía o gol das xalleiras que a postre lles daría a vitoria.

Victoria FC “C” : Martina, Nerea, Laura, Daniela, Claudia, Noelia, Carolina, Maria, Irene, Mara e Natalia. Tamén xogaron : Laura Codesido, María Pampín, Lucía Fernández e Carmen.

Xallas FC : Xiana, Lucía Iglesias, Lucía Fernández, Yolanda, Yasmina, Carmen, Xastia, Rita, Laura, Andrea e María. Tamén xogaron : Maite, Tania, Andrea Barbeira, María Alicia e Rhany.

Goles : 0-1, Yolanda, (56´).

 

2ª Xornada

(Equipos da costa)

UC Cee-Cacheiras SD, 31/10 ás 19:15 horas

Xallas FC-UD Cerqueda, 30/10 ás 18:00 horas

ED As Miúdas : Descansa.

-Foto : Vinto Tajes

-Texto : piratasdemuxia