O Cerqueda Infantil Feminino debuta esta tempada.
O UD Cerqueda clube que no seu equipo senior compite na 3ª da costa e que a pasada semana rescataba un punto merecido e traballado ante o Camelle, bate esta tempada un record histórico para o propio clube e sendo o equipo do Concello de Malpica, e un dos que máis categorías leva da costa cun total de 11 equipos, e asimesmo no número de licenzas federativas.
Segundo nos comenta o seu presidente, xogador, adestrador e home para todo, 8ca axuda da sua diretiva), Dani García : “Esta tempada o clube sae a competir con 11 categorías, (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior). E apostando polo fútbol feminino dende a base con alevín feminino, infantil feminino. (creado esta tempada), cadete feminino e sénior feminino. O clube supera por primeira vez na súa historia tanto o número de categorías en competición dando cabida a tod@s nen@s en todas as franxas de idade, como en número de licencias, superando a cifra das 200 licencias”.
O equipo infantil feminino que debutará este ano en liga gañaba esta pasada fin de semana o seu primeiro encontro, (non oficial), derrotando o Atlético Arteixo Feminino por 2-1.
AVISO
A s fotos o ser de nenas menores de idade se algún pai, nai, titor ou titora non desexa que salga a sua filla ou protexida, non ten máis ca poñerse en contacto connosco e serña retirada da foto.
-Fotos : UD Cerqueda
-Texto : Xosé Búa “Pirata”