O UC Cee xógase seguir soñando ante o SCD Buño

LIGA DA COSTA
-29ª Xornada-

O UC Cee xógase seguir soñando ante o SCD Buño.
-Previa da penúltima xornada da Liga da Costa 2018/19
-Tan só  o Corme Ponteceso e UC Cee manteñen viva a liga-
 
Penúltima xornada da Liga da Costa máis insulsa dos derradeiros anos, na que xa está practicamente todo o peixe vendido e na que moitos dos encontros son meros adestramentos para a Copa da Costa a que tamén moitos equipos van sen a ilusión de poder gañala por motivos obvios para todos. Tan só salva a Liga da Costa 2018/19 o Corme CF e o Volantes de Baño CF na loita pola promoción de ascenso, co título na “faltriqueira” do CF Mazaricos dende a anterior xornada. Os cormeláns visitan neste día de votacións a un SCD Malpica que non se xoga nada e os de Baño visitan a un CD Baiñas desexando fai tempo que se acabe a liga. Por abaixo o que salva un pouco a emoción a esta liga é o UD Cee, un histórico que se aferra a pòder aguantar a categoría e que visita ao SCD Buño ao que lle chega 1 punto ante os ceenses para seguir na “raiña” das ligas costeiras. Todo que non sexa gañar para os ceenses sería acompañar ao UD Monte Louro e ao SD Ameixenda a 3ª da Costa. De gañar os da Vila da Xunqueira manterían viva  a liga nesta loita…Abre a nova o completo para ver enfrontamentos, horarios e outras cousas da liga.
 
-29ª Xornada-
28/04/2019
 
CF Lira UD Monte Louro
UD Cerqueda – SD Ameixenda
CD MurosSporting Zas
SD Ponteceso CF Mazaricos
Corme CF – SCD Malpica
Muxía CF  – SD San Lorenzo
CD Baiñas Volantes de Baño CF 
UC Cee SCD Buño
 
CLASIFICACIÓN

-TÁBOA DE PICHICHIS-

 
-Alejo, (Corme CF) : 38, (7 de penalti)
-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 26, (4 de penalti)

-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 22

-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 21, (1 de penalti)
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 19, (3 de penalti)
-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 17
-Berto, (Volantes de Baño CF) : 17, (2 de penalti)
-Estéfano, (CF Mazaricos) : 16, (2 de penalti)
-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 15.

-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies