O UC CEE SEGUE ADIANTE E CAE O UD CERQUEDA NA PRIMEIRA ELIMINATORIA DA FASE DE ASCENSO A 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

UC Cee Feminino 2021/22.

 

UC Cee 3-1 UD Carral

Comezou a andaina do UC Cee na Fase de Ascenso a 1ª División Galega Feminina de Fútbol, e fíxoo da mellor maneira, cunha vitoria por 3-1 ante o UD Carral, nun choque no que as ceenses mandaron sempre, e que se truncou un pouco no desconto, cando as carralenses conseguiron o gol da honra.

Adiantou Uxía Lema as de Rafa Suárez aos 9 minutos de xogo, pouco despois a muxiana Lucía Canosa facía o segundo, (26´), e completaba unha goleada que parecía ía a crecer na segunda metade, a fisterrana, Andrea Romero, (40´).

En troques, a segunda metade foi máis de fútbol control, e a espera dun erro das visitantes, obrigadas a dar un paso adiante e deixar espazos. Non chegou o cuarto ceense, pero sí o gol das carralenses por medio de Sara Regueira, no desconto final do choque.

As ceenses visitarán a vindeira fin de semana, o “Día da Nai”, ao Sporting Cambre no Dani Mayo a partires das 17:30 horas. As cambresas derrotaban por 1-0 ao Caldas CF nesta primeira eliminatoria.

UD Mos 4-1 UD Cerqueda

As cerquedenses din adeus a Fase de Ascenso nesta primeira eliminatoria, ao quedar derrotadas ante un gran rival, que controlou sempre o encontro e que tras irse ao descanso con 2-0, con goles de Lara Oliveira, (15´e 32´), apuntillaron o encontro na segunda metade con outros dous goles obra de Marta, (71´) e Arantza, 877´). O gol da hora das cerquedenses chegou no descanso por medio de Isabela, un gol que de momento, queda para a historia, na sua primeira participación nunha Fase de Ascenso a 1º División Galega, por parte dun equipo moi xove e con moita marxe de mellora.

-Foto : Instagram UC Cee

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies