O UC Cee proclámase campión da Copa da Costa Infantil tras vencer na final ao Xallas FC (2-1)”.

UC Cee 2-1 Xallas FC

O UC Cee conquistou esta mañá a Copa da Costa Infantil ao impoñerse por 2-1 ao Xallas FC na gran final disputada no campo de Xaviña (Buño), cun gran ambente a pesares do lonxe para ambas afeccións, nun encontro intenso e emocionante que se decidiu nos últimos minutos.

O conxunto ceense tomou vantaxe no marcador mediada a primeira metade grazas a un tanto de Mayam Lado, que puxo por diante aos seus no minuto 30. A reacción do Xallas non se fixo agardar e, antes do descanso, Bruno Pose estableceu a igualada no 42, devolvendo a emoción ao encontro.

Xa na segunda metade, a hora de xogo o ceense Álex Picallo marcaba pero o seu gol era anulado, e dez minutos despois Martiño Abel mandaba o balón a madeira e o Xallas desaproveitaba un erro defensivo da zaga ceense, e cando todo parecía encamiñado cara a un desenlace máis apertado, apareceu Santiago Pulido para marcar no 78 o gol que acabou dando o título ao equipo de Cee.

O tanto desatou a ledicia da afección ceense e certificou a vitoria nunha final moi disputada, que puido caer de calquer banda.

O encontro estivo marcado pola intensidade, como reflicten os cartóns amosados polo colexiado. O UC Cee acabou con dez xogadores tras a expulsión de Leo Lema no minuto 80 e sufreu unha segunda expulsión a de Luca Collura xa co encontro acabado, pero conseguiu manter a súa vantaxe ata o asubío final.

Deste xeito, o UC Cee levanta o trofeo e inscríbese como campión da Copa da Costa Infantil do curso 2025/26, culminando unha gran competición.

U.C. Cee : Gael Prieto, Yoel Caamaño, Fabio Lamela, Martiño Abel, Felipe Mayam, Santiago Pulido, Leo Lema, Pablo Mosteyrín, Alex Picallo, Luca Collura e Thiago García. Tamén xogaron: Pablo Lago, Manuel Castro, Oliver Marcote, Yerik Caamaño e Claudia Ares.

Adestrador : Ánxo Romero

Xallas FC : Nicolás García, Ismael Muiño, Leo Couso, Mateo Casal, Bruno Pose, Damián Cerqueiro, Luca Pérez, Adrián Quintela, Pablo Novo, Izan Tuñas e José Francisco Brantuas. Tamén participaron: Xabier Pensado, Aitor Fraga, Andrés Fernández, Kamal Yahyaoui e Xoel Arias.

Árbitros: Alejandro Antelo Lago asistido nas bandas por Dylan Sierra e José Enrique Veiga .

Goles: 1-0, Felipe Mayam (30′); 1-1, Bruno Pose (42′); 2-1, Santiago Pulido (78′).

Incidencias: Final da Copa da Costa Infantil disputada no campo municipal de Xaviña (Buño), cunha nutrida participación de afeccionados de ambos equipos e da zona.


Mañán Domingo 21 a final cadete

A Copa da Costa non para e mañá será a quenda da categoría cadete. O campo do Conco (Dumbría) acollerá a gran final antre o SD Sofán e o Outes FC, (11:30 horas), unha cita que promete unha gran entrada e moita emoción entre dous dos mellores equipos da competición, campión cada un do seu grupo nas ligas de infantís da costa.

Neste enlace tes a previa que publicamos desta final : PREME AQUÍ.

.

-Foto : FaceBook UC Cee

-Texto : Xosé Búa “Pirata”