O UC CEE FEMININO PONSE SEGUNDO DA 2ª DIVISIÓN GALEGA G3 O GOLEAR NO DERBI O ED AS MIÚDAS, (5-0), NAMENTRAS QUE O UD CERQUEDA EMPATABA A DOMICILIO, (2-2) E O XALLAS FC CAÍA EN REBORDELO, (2-1).

O ED As Miúdas caeu no derbi costeiro.

 

7º XORNADA 

UC Cee 5-0 ED As Miúdas

Doado trunfo das ceenses no derbi da Costa da morte, con dobretes da fisterrana, Andrea Romero e da muxiana Lucía Canosa. Lara completaba a “manciña” das de Cee as de Muros. Adiantábanse as da Vila da Xunqueira cun tanto de Andrea Romero aos 5 minutos de xogo, e repetía no 24. Lucía Canosa, facía o que pechaba o resultado da primeira metade, un minuto despois. A volta de vestirarios repetía a muxiana de Añobres, (49´) e María Lijó, completaba a goleada a hora de xogo, para logo deixar pasar os minutos ata o pitido final.

 

Praiña Sporting Club 2-1 Xallas FC

Curtou a sua racha positiva o equipo xalleiro nun chpque no que non tivo resposta aos goles locais ata o descotno final, polo qiue non foi quen de meterse no encontro. Adiantáronse as santiaguesas cun tanto de Ana Valladares aos 19 minutos de xogo. Estefanía facía o segundo 5 minutos despois. Por moito que o tentaron as xalleiras, non chegou o gol que lles dera opcións a loitar polos puntos, ata o final.

 

Cacheiras SD 2-2 UD Cerqueda

Extraordinario comezo da cerquedenses que pronto se poñían 0-2 con goles de Saskia, (7´) e Paula, (8´). Clave o gol das locais antes do descanso, obra de Irena, (25´). Na segunda metade as cerquedenses buscaban matar o encontro a contra, pero non chegou ese gol que lles finiquitara o choque, e sí chegou o das de Cacheiras, obra de Carla, (75´), con tempo para que non acabase o choque co empate, pero non se movería o marcador.

 

RESTO DE RESULTADOS

Amio SD-SD Calo, 08/12 ás 16:00 horas

CF Noia 7-1 Victoria FC “C”

 Descansou : CD Unión

 

CLASIFICACIÓN

 

8º XORNADA 

-12 de Nadal do 2021-

ED As Miúdas-CD Unión

Xallas FC-UC Cee

SD Calo-Praiña Sporting Club

Victoria FC “C”-Amio SD

UD Cerqueda-CF Noia

 Descansa :  SD Cacheiras

 

-Foto : Arquivo/Chema Caamaño

-Texto : piratasdemuxia