O UC CEE FEMININO DERROTA O TORUO, (1-2), E SEGUE A FACER HISTORIA LOITANDO POLO LIDERATO

2ª DIVIVIÓN GALEGA FEMININA G1

-8ª Xornada-

 

SD Touro 1-2 UC Cee

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee Feminino) : “Voltan a casa con tres novos puntos as nosas bravas, que visitaron á S.D. Touro na xornada 9 da competición ligueira. Comezaba o rival coas ideas moi claras: moita xente detrás do balón e buscando rápidas transicións que lle serviron para dar un par de avisos, con balóns á espalda da nosa liña defensiva. Non tan atinadas con balón como días anteriores, as nosas fóronse asentando no partido e comezando a xerar ocasións por medio de Uxía e Lucía Martínez. Máis clara a tería María Lijó, que non acertou a rematar un balón franco na área, que remataría en mans da cancerveira, despois dunha das poucas boas combinacións das nosas. Foi esta ocasión a antesala do gol de Nerea, que tras unha serie de corners, remacharía un gran centro de Uxía. Así se chegaría ao descanso.

Despois da reanudación comezaban as nosas a carburar, combinanando moito máis, e as ocasións fóronse sucedendo ata que nunha tremenda xogada colectiva, Uxía anotaría o 0-2. Seguían as azuis intratables en defensa, mentres o partido se ía convertendo nun cúmulo de imprecisións por ambos equipos. Nin Uxía nin Lucía Canosa, serían quen de poñer a sentenza, e no último minuto as locais reducirían diferenzas tras rematar un balón despois de dous rexeites.Tocou sufrir o desconto, pero non houbo máis ocasións para ningún equipo, xa que Lucía Canosa se viu freada polo pitido final cando encaraba portería.

Tres puntos que nos permiten seguir gozando das posicións de privilexio do pódio da competición”.

 

FICHA TÉCNICA

 

CLASIFICACIÓN E PROXIMO ENCONTRO

O UC Cee continúa na terceira praza cos mesmos 21 puntos co segundo Arzúa FCF e a 3 do lider Xuventú Aguiño SD. As ceenses reciben no San Paio de Refoxos na vindeira xornada, (9ª de liga), ao lider Xuventú Aguiño SD, un encontro para disfrutar e para tratar de seguir facendo historia. O encontro será o Domingo 24 a partires das 12:30 horas.

 

-Texto e Foto : Rafa Suárez/Muchi/UC Cee

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas