O UC CEE FEMININO CAMPIÓN DE LIGA GOLEANDO, (1-6), E DERROTA DO ED AS MIÚDAS, (6-1), NA 9ª XORNADA DA 2ª FEMININA GALEGA GRUPO “C”.

 

SCD Pastoriza “B” 1-6 UC Cee

O UC Cee proclamuse campión de liga a falla de unha xornada para o fnal aos derrptar con goleada o filial do SCD Pastoriza. As rapazas de Rafa Suárez, “lucían” xa na primeira metade e decíamos lucían por o equipo ía os vestiarios co encontro solventado, con dous goles de Lucía Martínez e dous de Lucía Canosa. Zuleima facía o gol da hora xusro antes do pitido do tempo de lecer e xa nunha segunda metade con todo o peixe vendido, Uxía e Laura completaban a goleada.

As ceenses despiden a liga recibindo ao CF Noia o vindeiro sábado 12 de Xuño a partires das 19:00 horas. Choque de alto nivel para celebraro tútlo cos seus e preparase para a 2ª Fase do campionato.

A nosa máis cordial noraboa a tódalas que forman o UC Cee feminino, así coma os técnicos, axudantes do clube, afeccionados/as e diretivos, e o noso desexo de éxito na Fase de ascenso. 

CF Noia 6-1 ED As Miúdas

Precisaba duas vitorias o euipo da “Terra do Berberecho” e que o UC Cee caese derrotado nso dous encontros que restaban, pero as ceenses no erraron e a goleada infrixida polas noiesas as muradanas, no “Derbi da Ría”, foi infuctuosa. Fixo fronte o equipo muradán o noiés nos primeiro compases e ata se adiantou no marcador por medio de Sofía aos 18 minutos de xogo, pero remontaría antes do descanso o equipo local e iría a vestiarios cun craro 4-1. A segunda metade xa foi de trámite, ainda que as muradanas tentaron acurtar ditanza, pero a capacidade goleadora das locais foi moi superior e acabarían goleando. Os goles das de Noia foron obra de : Sandra, (2), Lua, María Dominga, Uxía e Xulia.

As “miúdas” despiden a liga recibindo ao Victoria FC “C” o vindeiro Domingo 13 de Xuño a partires das 11:30 horas no “Eleuterio Balayo”. Unha vitora das muradanas neste encontro suporía o empate a 7 puntos cas compostelanas e subir a 3ª praza da competición.

-Foto : Muchi

-Texti : piratasdemuxia