O UC CEE FEMININO APUNTA A SER UNHA REALIDADE

Participantes do primeiro día das xornadas de portas abertas.

 

O UC Cee Feminino apunta a ser unha realidade

Moi contentos están no UC Cee ca resposta das rapazas da zona nas xornadas de portas abertas que están a levar a cabo e das que o vindeiro venres teñen a terceira e derradeira delas.

Rubén Martínez “Muchi”, coordinador destas xornadas do clube ceense amosábase contento coa resposta das rapazas : “Tivemos connosco a 20 rapazas de Cee e da zona e esperamos que nesta derradeira xornada que temos o vindeiro venres se apunte algunha máis”. O técnico cree que a idea de crear un equipo feminino para competir de maneira federada : “vai a ir avante”. 

Trala disputa da “I Copa da Costa Feminina”, Gueli Cotelo adestrador do Bergantiños Feminino CF, apuntaba que a copa non fora unha festa só para eles, senón que era : “para o fútbol feminino” e pedía que : “outrtos clubes se vaian animando e se creen máis equipos femininos na costa”.

Primeiro foron fai máis de 3 anos as bergantiñanas as que deron o primeiro paso no fútbol federado na costa, logo o ano seguinte creouse o ED As Miúdas, que disputou a “I Copa da Costa Feminina”, que se levaron as carballesas nun encontro dos que fan afección e ante preto de medio milleiro de espectadores, (6-3). (Aquí a crónica da final).

Pola zona tamén hai amagos de equipos sen federar, tanto en Baio coma en Carnota, que esperamos vaian tomando forma para que creza o fútbol feminino na zona.

O proxecto ceense parace que vai ir adianta, tal como nos apunta “Muchi” : “Trala derradeira xornada do vindeiro venres, teremos unha xuntanza coas rapazas para valorar a situación e ver as rapazas cas que podemos contar”.

 

As rapazas disfrutaron de xornadas técnicas e tácticas.

Todas aquelas rapazas que teñades inquedanzas por xogar ou por probar, estades invitadas polo UC Cee a pasarvos polas suas instalacións, ou comunicarse co clube para recibir información e poder formar parte deste fermoso proxecto.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es