O UC CEE DI ADEUS AO SOÑO DO ASCENSO ANTE UN CD BUEU MOI FORTE, (0-4).

 

UC Cee Feminino 0-4 CD Bueu

Tras a confusión que trouxo, (non só a nós), o cartel dos enfrontamentos da RFGF, nos que parecía que o clube ceense e o Bergantiños FC non se enfrontarían se pasaban, pasouse a que sí se enfrontarían se pasaban. As carballesas fixeon os deberes e derotaban por 1-3 ao Narón O Freixo e estarán na final polo asceso. Por contra as ceenses topábase cun moi forte CD Bueu que lles rachaba o soño do ascenso a 1ª División Galega Feminina.

Carmen Rial, (5´) e Lucía Fernádez, (14´), deixaban moi de cara o choque para as sureñas, antes do cuarto de hora de encontro, e Arianda deixábao finiquirado na derradeira xogada do primeiro tempo, (44´). Non tiñan outra que irse arriba para meterse no encontro as rapazas de Cee, pero o gol non chegou e si o da sentenza por parte de Lara, (71´), para deixar todo resolto.

As de Bueu veranse as caras co Bergantiños FC, namentras que na outra banda do cadro o Lóstrego CF goleaba ao CF Noia, (11-0) e o Umia CF “B” derritaba pola mínima ao EFF Rosalía, (1-0).

Fin da tempada para o UC Cee feminino que foi campión incontestable de liga.

-Foto : UC Cee

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies