UC Cee 2-0 Sporting Seaia CF
Tal e como xa vos informamos na previa, na mañán deste Domingo 21 de xuño tiña lugar no San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee), a volta da eliminatoria final polo ascenso a Liga da Costa. Os ceenses traían unha ventaxe de 1-3 do encontro de ida xogado por obras no Pedra Queimada, no Pinguel, (Ponteceso).
Cun gran ambente nas bancadas, con moitos afeccionados de ambos equipos eran os ceenses os que se adiantaban no marcador p’oe medio de Xián no ecuador do primeiro tempo, gol que complicaba máis as cousas os seaieses obrigados a ir polo encontro. Non se movería o marcador no primeiro tempo.
Na segunda metade os ceenses sairon a controlar o rival e tentar aproveitar os espazos que deixarían os malpicáns, cusa que se lles puxo mellor cando no 65 Adrián Pazos vía un vermello direto deixando aos de Seaia en inferioridade numérica.
Non foi ata o treito final cando chegaba o de Julio Regueiro, que xa deixaba máis que sentenzada a eliminatoria a favor dos de Rafa Suárez. Tralo gol sería expulsado o adestrador seaiés, Manuel Cancela así coma o xogador que estaba no banco David Muiño.
UC Cee : Jorge Ramos, Borja Blanco, Fallou Diouck, Dani Fontana, José Lago, Carlos Suárez, Sergio Fidalgo, Marco Fernández, Xián Álvarez, Pablo Caamaño e Ánxo Lópes. Tamén xogaron : Julio Regueiro, Jonathan Martínez, César Calvo, Martín García, e Roberto Romero.
Sporting Seaia CF : Isaac Piña, David Muiño, Alex Mato, Borja Seoane, Manuel Castro, Edu Souto, Diego Martínez, Sergio Cancela, Noel Vidal, Belarmino Esperante e Erik Villar. Tamén xogaron : Alejandro García, Antón Todosantos, Pablo Caamaño, Nico García e Brais Villar.
Goles : 1-0, Xián, (24´); 2-0, Regeuiro, (80´).
Árbitros : Diego Grille Landeira, auspiciado nas bandas por Carlos Señarís e María Pérez.
–
-Foto : Instagram UC Cee
-Texto : Xosé Búa “Pirata”