O UC CEE CAEU POLA MÍNIMA NA IDA DE SEMIFINAIS POLO ASCENSO A LIGA GALEGA CADETE.

UC Cee campión da Liga da Costa Cadete.

 

UC Cee 0-1 CF Noia

Debutaba o equipo ceense ante un CF Noia que viña en Cuartos de Final de eliminar ao SD Villestro, (0-0, 3-0), e un gol de Xoan García, xusto antes de irse a vestiarios, deulle a ventaxe para a volta aos da “Terra do Berberecho”.

Os ceenses visitarán  o anexo o “Julio Mato” o vindeiro domingo 8 de Maio a partires das 11:30 horas. Na outra eliminatoria o EF Lalín derrotaba a domicilio ao Cidade de Ribeira CF por 1-4.

-Foto : FaceBook UC Cee

-Texto : piratasdemuxia