O ambente foi excelente nas duas xornadas.
XXVII Torneo Fútbol 7 “Santa Sabiña”
Esta pasada fin de semana celebrouse a 27ª edición do Torneo Santa Sabiña, que regresaba despois de catro anos sen disputarse. Participaron 24 equipos maiormente do Concello de Santa Comba, pero tamén os houbo da zona de Negreira, Santiago, Cabana, ou Carballo, e que loitaron nunha primeira fase de grupos para acadar o pase aos oitavos de final, e a partir de aí avanzar cara á gran final.
O Toxiño co trofeo de campións.
Na final, o Toxiño impúxose ao Senra Sport, proclamándose campións do torneo, nun choque emocionante que acabou con empate a uns, (1-1), e tería que ser dende os once metros onde se decidiría o campión do torneo. Pola súa banda, o Santa Sabiña fíxose co terceiro posto tras vencer ao Rosfavi na quenda de penaltis (3-2).
O Senra Sport subcampión do torneo.
O torneo desenvolveuse no campo de Santa Sabiña, e contou cunha gran afluencia de público tanto o sábado como o domingo. Destacou non só polo nivel competitivo, senón tamén pola elevada participación de equipos, que contribuíron a unha fin de semana de festa, deporte e convivencia.
-FOTOS DE ALGÚNS DOS EQUIPOS-

-Fotos : A orgañización
-Texto : Xosé Búa “Pirata”



