O TAD FALLA EN FAVOR DA LIGA E DO FUENLABRADA NUN ACTO VERGOÑENTO DE INXUSTIZA E RIDÍCULO A NIVEL MUNDIAL.

 

O Tribunal Administrativo do Deporte, (TAD), dependente do Consello Superior do Deporte fallou en favor da Liga e do Fuenlabrada nunha posición contraria a xustiza, deixando impune a adulteración que fixo a Liga de Tebas da competición, manexando todo en favor do Fuenlabrada e incumplido tódolos protocolos do COVID-19, desprazando xogadores contaxiados dunha comunidadea outra, sen dar aviso de positivos, poñendo en perigo a cidadanía, mentindo en tódolos aspectos deportivos e sanitarios, facendo denuncias por actos inexistentes, e usando a prensa para tapar tódalas neglixencias cometidas.

A xuntanza de mañán xoves antre a LFP e a RFEF co CSD de árbitro, parece que leva camiño de paripé, como o foi a farsa de encontro de Riazor cos madrileños,dado que o propio goberno dalle a razón a Liga e o Fuenlabrada tras cometer un acto de terrorismo sanitario desprazando infectados sen avisar a ninguén, nen as autoridades sanitarias madrileñas, nen as galegas, e avisando a RFEF xusto antes do encontro.

Só se pode sentir asco, de que a un problema do que a inmensa maioría da afección ve coma un asunto de mafias internas que manipulan todo, como se pode ler en calquera rede social, e que fai que o fútbol español acade o máis grande ridículo a nivel mundial.

O EC Deportivco non debe dar un paso atrás cotra este esperpento e ir de camiño a xustiza ordinaria, que supoñemos non terá tamén a “man negra” que está a manipular o governo e aos estamentos deportivos.

 

Por outra banda OK Diario pubricou o audio no que Tebas deu as órdes para mercar o Fuenlabrada, un audio que os medios de comunicación nacionais non emitiron, como si fixeron co de Bergantiños, cando este sí é importante e fraudulento, pero a prensa española non é libre, e está comprada polos poderes fáctuos da liga.

 

-Foto : Google Images

-Texto : piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies