O SUEVOS CF DO CEENSE, RUBÉN GARCÍA, ASCENDE A SEGUNDA GALICIA TRAS UNHA REMONTADA ESPECTACULAR EN LIGA E INVICTA FASE DE ASCENSO.

O Suevos CF volve a 2ª Galicia da Coruña.

 

O ceense de Estorde, Rubén García suma o seu cuarto ascenso como adestrador, tras facelo co Atlético Arteixo Cadete, (a Liga Galega 2012/13), co Cerceda Xuvenil, (2014/15), co CD Boiro, (a 2ª B), segundo segundo de abordo de José Luis Lemos, actual adestrador do Bergantiños FC, e remata a faena, ascendendo ao Suevos CF a 2ª Galicia, na sua volta os bancos no pasado Decembro do 2021.

Parece que lle veu a vista o 13 de Nadal, (Santa Lucía), a Chupi, presidente do Suevos CF, ao chamar para sustituir a Mariano Pérez, polos malos resultados do equipo, a Rubén García, para coller as rendas dun conxunto que marchaba na 3ª da Coruña, na 7ª praza, cos mesmos puntos co 9º, nunha liga de 13 equipos. Acertou de pleno chamando ao seu amigo e ex compañeiro no Atlético Arteixo.

As cousas comezaron ben para o ceense, fillo de estordesa e de muxián de Quintáns, e derrotaban no primeiro encontro ao Hércules, (2-3), para logo sumar en liga : 12 vitorias, 2 empates e tan só unha derrota, e na fase de ascenso, 3 vitorias e 3 3mpates. Tan só 1 derrota en 20 encontros, clave do éxito do equipo suevés para este máis que merecido ascenso.

 

Ruben García co seu segundo Dani Fernández.

 

Rubén, tiña claro o obxetivo que quería, a pesares das distanzas cos primeiros en liga : “Cando me comprometo co club a mediados de decembro fágoo cunha intención clara: conseguir o ascenso. E así llo comunico ó presidente. Non quería facerlle perder cartos ó club estando seis meses nun equipo sen obxectivos. Cando me reúno con Chupi (presidente), o equipo está a unha distancia da zona de fase de ascenso que non nos deixaba marxe de erro. De feito, só perdemos un partido desde entón e, aínda así, non certificamos a clasificación para a promoción ata a última xornada da liga regular”.

O tan criticado no fútbol afeccionado, do sistema da ligas e fases non lles daba pé a fallar, e non fallaron, pero sobre todo Rubén alaba a calidade humana do grupo, para acadar a fazaña que fixeron : “Ascender, sexa na categoría que sexa, sempre é complicado e máis cando só o podía conseguir un equipo de cada grupo. O nivel individual dos xogadores é superior á categoría e iso facilítalle moito as cousas a un adestrador pero o que máis me sorprendeu foi a calidade humana de cada un deles. Fomos un equipo en todos os sentidos”.

Destaca o adestrador costeiro que a implicación no que había que conseguir foi clave : “A nivel futbolístico, conseguimos reducir o número de goles en contra e, a partir de aí, fomos crecendo como equipo adaptándonos ós diferentes contextos que se presentaban: nivel de rivais, campos… Tivemos que facer unha segunda volta case perfecta. Desde o primeiro ó último xogador responderon á perfección e acadamos o primeiro obxectivo: xogar a fase de ascenso”.

Ve como merecido este ascenso polo nivel que deu o equipo, a diretiva, e todo o entorno do clube : “Nos seis partidos da fase de ascenso o equipo estivo a un nivel moi alto. Na última xornada foi cando peor o pasamos. O Órdenes é un equipazo e fíxonos sufrir pero se algo define a este equipo é que compite en maiúsculas. A directiva deume todas as facilidades a nivel de adestramentos e xestión de grupo, e os xogadores estiveron a un nivel altísimo. O Suevos merecía este ascenso”.

Rubén García xa sabe o que é gañar cousas imporantes, ademáis de como adestrador, como xogador. Militou no Conxo, Atlético Arteixo, Cerceda, Dumbría, ou Fisterra, antre outros, nestes a un gran nivel e en ligas importantes.

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Suevos CF en especial a Rubén García.

 

-Fotos : Suevos CF/Rubén García

-Texto : piratasdemuxia