O SPORTING SEAIA CF ORGAÑIZA PARA ESTE VENRES 14 DE ABRIL UNHAS “XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO” DENTRO DO PROXECTO DE FORMAR EQUIPO FEMININO.

 

O crecemento extraordinario do fútbol feminino na costa está no seu punto máis álxido, unha semente que marcaron equipos coma o ED As Miúdas, UC Cee, CF Mazaricos e o equipo feminino do Fisober FSF, que comezou a xogar cas rapazas de futsal no fútbol sala, ainda que non de maneira oficial, así coma o CD Baio. Foron anos de travesía no deserto, que trala pandemia irrumpiron co Xallas FC, Corme CF, Ponteceso SD, UD Cerqueda, UD Cerqueda e CF Dumbría. Estes equipos viñeron a darlle vida as rapazas que tras pasar de cadetes tiñan que deixar o fútbol por non haber equipos aos que ir, ou os poucos que había cadrábanlle a trasmán, e tamén recalaron rapazas que xogaban o futsal, e hoxe en día xogan en equipos de futsal e de fútbol.

Neste final de tempada npo fútbol senior masculino, o Muxía CF, Camariñas FC e SD Fisterra comezaron, e nalgún caso retomaron, a idea de formar equipo feminino. No que se refire aos muxiáns, tiveron unha resposta inpresionante e nun primeiro adestramento acudiron 30 rapazas. O UD Cerqueda para atraer máis efectivos fixo unhas xornadas de fútbol feminino do pasado 3 o 5 de Abril, e agora é o Sporting Seaia CF o que anima as rapazas que o desexen a apuntarse a unhas xornada de portas abertas o vindeiro venres 14 de Abril, no “Pedra Queimada” de Malpica, para tratar de darlle pulo o proxecto de formar equipo feminino.

A xornada deportiva orgañizada polo equipo seaies será de 19:30 a 21:00 horas, e para máis información as interesadas poderán comunicarse a traves do FaceBook do clube ou no seu instagram, (@sportingseaiacf).

Agora mesmo temos, e seguidos cada semana cas previas e as crónicas ao Bergantiños FC na 1ª División Galega Feminina, o Corme CF, UD Cerqueda e Ponteceso SD, na 2ª División Galega Feminina G2, e o CF Dumbría, Xallas FC, UC Cee e ED As Miúdas, no Grupo 4, e ao UD Corcubión, na Liga de Fútbol 7 Grupo A da Coruña.

Se nos quedou algún, pregamos nos lo indiquedes, pois falamos dos equipos que teñen proxecto de formar equipo, e que se puxeron en contacto connosco, por medio de algún diretivo, xogadora, ou afeccionado.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies