O SONEIRA NON XOGARÁ NA 1ª GALICIA G2 ACOSTA/SANTIAGO.

 

Xa se falaba estes días da posibilidade de que o Soneira SD non puidera sair a competir na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago e ven de confirmarse. O equipo vimiancés un dos referentes da costa, que leva dende 2004 competindo antre esta categoría e a Preferente Norte, parece ser que non foi quen de completar unha plantillas de cualidades como para sair a competir o nivel que require a competición galega, tal como apunta a diretiva no comunicado que vos trascribimos máis abaixo.

Comentábanos un dos xogadores do clube de Vimianzo esta pasada fin de semana que : “para sair os campos e sufrir vale a pena restructurarse e comezar ainda que sexa dende a 3ª da Costa, pois senón sería empeñarse e co paso das xornadas ter o perigo de que moitos xogadores perdesen os ánimos e acabar sen xogadores coma para competir, pois non é o mesmo desprazarse pola costa que ter que sair a campos de lonxe”.

O equipo que preside Sergio “Pichón”, tiña asinados ao adestrador Geno, ex da Esteirana, e a Mario, (Coristanco), (que nós saibamos).

O equipo da Terra dos Moscoso cubriría en caso de competir na 3ª da Costa ao seu veciño e filial, CF Castrelo, que como vos comentamos días atrás desaparece tras non aparecer unha diretiva que se fixera cargo do clube, formado por un grupo de deportivistas de Castrelo, Ogas e Vimianzo e compiteu estes pasados anos na liga costeira.

 

COMUNICADO SONEIRA SD

Dende a directiva do Soneira S.D. e moi o noso pesar lamentamos comunicar que o equipo non salirá a competir en Primeira Galicia está tempada.
Os motivos que derivan a tomar esta dura decisión é a imposibilidade de conformar unha plantilla para afrontar esta tempada ante a masiva marcha da maior parte dos xogadores do pobo e do plantel que había na anterior tempada.
Agradecer especialmente a xente da casa, que a pesar das dificultades decidiron seguir no clube, así como os que decidiron quedar esta tempada e as novas fichaxes que iban implicarse no proxecto.
Comunicar tamén que nestos días intentaremos conformar un equipo para salir en Terceira Galicia e senón lamentado moito procederemos a dar de baixa o club na federación.
Un saúdo, a directiva

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies