O Soneira celebrou no céspede a vitoria e o ascenso.
Soneira Veteranos 2-0 SD Corcoesto
Temos que pedir disculpas xa que antes de marchar para a Coruña na previa que colgamos puxemos que este encontro era o de ida, cando foi unha final a encontro único, non como poñía, e sigue a poñer na web da RFGF, que ainda ten como se houbese outro encontro en Corcoesto. Ademáis de que tildaron estes Play-Off como que son a 1ª División, cando son a División de Honra de Veteranos, do Grupo da Costa. Aclarado esto imos co encontro.
Chegaban os dous equipos a este envite, do cal eles si sabían que era a unha soa carta, tras derrotar en semifinais a Nantón e Malpica respectivamente. Pero o encontro foi bastante relaxado, dinnos que parecía un encontro de liga en vez de ter de premio o ascenso. Dominou o choque o Soneira que se adiantaba cun tanto de Miguel Figueira o transformar un penalti cometido sobre Costa. Resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade fútbol control dos vimianceses que buscaban sentenzar o encontro, ante un Corcoesto que trataba de empatar para meterse de cheo na loita pola vitoria. Non foi ata o derradeiro suspiro cando Costa subía por banda, colgaba sobre Miguel, e este tras recortar batía a Adonis, para deixar os de Vimianzo na División de Honra 2023/24.
Soneira Veteranos : Jesús, David, Iván, Álvaro, Javi Lema, Miguel Figueira, Luis Roget, Victor, Sergio “Quintáns” e Costa. Tamén xogaron : Alonso e Figueroa. Destacar a ausencia por motivos persoais de Mouzo, o home para todo no Soneira.
SD Corcoesto : Adonis, Gonzalo, Juan José, David, Xabier, Rodrigo, Martín, Alejandro, Jorge, José Manuel e Pedro. Tamén xogaron : Diego Rubio, Diego Costa, Elías, e Tiago.
Goles : 1-0, Miguel Figueira, (40´); 2-0, Miguel Figeuira, (desconto).
Árbitro : Marcos Ordóñez. Amonestou polo Soneira a Luis Roget, (60´) e Figueroa, (90´).

-Foto: Soneira Veteranos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”