Os rapaces do Soneira SD con Álvaro, (primeiro aniñado a esquerda).
O Soneira SD da 3ª da Costa aproveitou que nesta xornada tocáballe descansar para facer unha cea no local muxián do noso colaborador Álvaro Rodríguez, “A Lonxa d´Álvaro”, ex presidente do CF Muxía, e que ademáis foi compañeiro de varios dos xogadores do equipo vimiancés na Liga de Futsal de Muxía e na de Cee, así coma en varios maratóns de futsal pola Costa da Morte, o que os une cunha grande amizade. O virtuoso cociñeiro muxián tamén formou parte dos veteranos do Soneira SD, e ademáis no seu periplo como presidente do equipo muxián tentou varias veces a algún dos que se sentaron a disfrutar dos manxares no seu local a formar parte do CF Muxía.
A vinculación de varios dos rapaces do equipo vimiancés con Muxía non é só culinaria senón que tamén son asíduos a facer o camiño ata o Santuario da Nosa Señora da Barca como romeiros durante a Romaría da Barca. O Soneira SD que foi noticia esta tempada por renunciar a xogar na 1ª Galicia G2 de “motus propio”, está actualmente no 5º posto da 3ª da Costa con 18 puntos de 5 encontros gañados, 3 empatados e 2 perdidos, a a 7 puntos do lider Xallas FC, que de maneira similar renunciou o seu posto na 1ª Galicia G2 para comezar de novo dende cero.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : A Lonxa d´Álvaro