O SOFÁN QUEDA FORA DA LOITA POLO ASCENSO A 3ª RFEF NUN CHOQUE QUE SE DECIDEU NUN FINAL TENSO.

Álex Sánchez xogador do Sofán.

CD Beluso 2-1 SD Sofán

Chegaba o equipo de Pablo Torreira ao que era unha final polo pase tralo 0-0 da ida e así se tomaron o encontro. Adiantábase o de Bueu ao fío do descanso por medio de Marcos Pastoriza, 844´), resultado co que se ían aos vestiarios.

Tocaba remar contra corrente para os sofanistas e por insistencia chegaba o empate no 84 cun tanto de Javi Souto. Cando todo apuntaba a unha prórroga ou penaltis marcaban os das Rías Baixas no 90 por medio de Álex Fernández. Gol moi protestado e que acababa ca expulsión dos locais, Santiago Bouzón, tras ser cambiado e do seu compañeiro Jardi. Buscouno no desconto o equipo sofanista pero non puido ser.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”