O Xallas refundouse dende cero esta tempada.
Xallas FC 1-3 SD Sofán
Estaba adiado o encontro dos Dazaseisavos de Final da LIX Copa da Costa, tal como xa vos informamos, por mor de que os dofanistas xogaban a Supercopa galega en Balaidos, e xogouse na Fontanla para decidir quen pasaba a oitavos nesta nova e intragable versión da nosa copa. Os xalleiros que baixaron a 3ª da costa por decisión propia tras estar o ano pasado loitando por subir a Preferente ata o derradeiro encontro recibían a un Sofán, o ano pasado compañeiros de liga, para saber quen ía a pasar os oitavos de final que se celebrarán antre o 10 e 0 11 de Febreiro e foron os de Sofán, sobre o papel favoritos a todo, os que se levaron o pase.
Jorge “Churian”, (Adestrador do Xallas FC) : “A espera do comentario…”.
Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “Na primeira metade fomos claros dominadores sen ter excesivas ocasións de gol e tivemos tres moi boas, con boas paradas a tiros de Currás nos que Couto fixo boas paradas, e puxémonos 0-2 con goles de Brais e Dani pena e controlamos ben o partido e eles ainda que o tentaron non nos crearon ocasións de gol. Na segunda metade saimos relaxados e o Xallas acurtou distanzas cun gol e Doro tivo unha boa ocasión cun tiro cruzado pero cando marcamos o terceiro penso que quedou finiquitado o encontro. O Xallas fixo un moi bo partido, foi un gran rival e amosou porque está de primeiro na 3ª da Costa. Desxarlle moi bosa festa a toda xente do fútbol da costa”.
-Foto : Xallas FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores