O Seleccionados nacional de baloncesto Chus Mateo está a pasar uns días no Parador de Turismo de Lourido, (Muxía), e aproveitou para pasarse a disfrutar dos produtos da terra no local do noso colaborador Álvaro Rodríguez, “A Lonxa d´Álvaro”, que coma con moitos dos famosos que lle pasan polo seu local aproveitou para facerse a foto ca camiseta do CF Muxía.
Co seleccionador nacional tamén estivo Paco González unha das voces máis coñecidas da Cadena COPE e director de Tiempo de Juego, que tamén está a pasar uns dias de asueto na Vila da Barca. Con eles e con Álvaro na foto con gafas, un dos míticos xogador e adestrador da Costa, Chicho Carrasco.
–
-Foto : Álvaro Rodríguez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–