Vimianzo Tenis de Mesa subcampión de liga.
O pasado Domingo día 4 de Maio disputouse en Sigüeiro, (Oroso), a derradeira xornada de liga da 3° División Galega de Tenis De Mesa na que participan equipos de toda a Comunidade Galega. Unha competición que escomezou no mes de Outubro do 2024 e remataba este pasado Domingo para pechar a tempada 2024/25.
Dous equipos son a representción da Costa da Morte, o Club Vimianzo Tenis de Mesa, e o ADCP Zas.
O equipo do Vimianzo Tenís De Mesa acadou nesta temporada o subcampeonato de liga obtendo así o ascenso a 2ª Galega. O clube vimiancés tamén ten equipo na 1ª Galega.
Os xogadores que disputaron esta liga polo Vimianzo Tenís De Mesa foron:
Simón Lema Lema.
José Alberto Trillo Amigo.
Abdelkarim Redjimi Lema.
Pablo Calzas Moreira.
Jonathan Lavandeira Trillo.
Julio Figueiras Martínez.
Nico Paz Pereira.
Manuel Barreira Rial.
Adestrados e dirixidos todos eles por Paco Paz.
-Foto e información : Paco Paz
-Texto : Xosé Búa “Pirata”