LIGA DA COSTA XUVENIL
O SD Soneira proclamouse “Campión de Inverno”.
RESULTADOS
15ª Xornada
FC Camariñas 2-8 Corme CF
UC Cee 0-4 Cabana SD
SCD Malpica 1-9 SCDR Esteirana
ED Os Miúdos 5-2 Sporting Seaia
SD Ponteceso 0-2 Sporting Zas
SD Coristanco 0-8 Outes CF
SD Soneira 2-2 Xallas FC
Descansou : SD Sofán
Non pasou do empate o SD Soneira na derradeira xornada da 1ª volta da Liga da Costa Xuvenil, (Primeira Autonómica Xuvenil G2-A Costa), ante o Xallas FC, que deu a sorpresa da xornada, (2-2), nun choque que tiñan gañado os vimianceses que se chegaron a poñer 2-0, moi pronto, con goles de “Fran-chute”, (5´) e Sergio, (17´), pero veu como lle acurtaban distanzas os xalleiros ao fío do descanso cun tanto de Víctor, (43´), e como o infortunio dun gol en propia porta de Jorge, (82´), no derradeiro suspiro do encontro, lles fixesen empatar e que a cousa se aprete por enriba, coa vitoria contundente do Outes CF, (2º), ante o SD Coristanco, (0-8) e a goleada do Cabana SD, (3º), na sua visita ao UC Cee, (0-4), quedando así os da Serra a 1 punto dos vimianceses e os cabaneses a 3.
Non xogou o SD Sofán que lle tocaba descanso e víronse superados polo Cabana SD, pero tamén están na loita, (a 5 puntos do lider), con toda a segunda volta por xogarse, ao igual co Sporting Zas, (a 5 puntos), que derrotaba a domicilio ao SD Ponteceso, (0-2), e o Corme CF, (a 6 puntos), que goleaba con contundencia ao FC Camariñas, (2-8).
Con todo isto, nunha liga que está a ser fermosa pola competividade da grande maioría dos equipos, o SD Soneira proclamouse “Campión de inverno”, un “título” anecdótico pero que da folgos.
Este vindeiro sábado 18 de Xaneiro xogarase a xornada 16ª, primeira da segunda volta i estes son os enfrontamentos :
SD Coristanco-SD Soneira, (16:00 horas)
SD Ponteceso-Outes CF, (16:30 horas)
ED Os Miúdos-Sporting Zas, (16:30 horas)
SCD Malpica-Sporting Seaia, (16:30 horas)
UC Cee-SCDR Esteirana, (19:00 horas)
FC Camariñas-Cabana SD, (12:00 horas)
SD Sofán-Corme CF, (12:00 horas)
Descansa : Xallas FC
CLASIFICACIÓN
PICHICHIS
1º-Fran Moreira “Fran-chute”, (SD Soneira) : 17 goles en 12 encontros
2º-Luis Manuel Ferreiro, (Sporting Seaia) : 17 en 13, (3 de penalti)
3º-Sergio, (SD Soneira) : 15 en 11
4º-Iker Traba, (UC Cee) : 15 en 12
5º-Álvaro Farinós, (SCDR Esteirana) : 15 en 13, (1 de penalti).
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.