O SD SOFÁN SEGUE SEN COLLERLLE O TINO A 3ª DIVISIÓN.

Primeira derrota dos sofanistas no Carral.

 

SD Sofán 1-2 Polvorín FC

O equipo sofanista que dirixe Alberto Rodríguez, segue sen collerlle o tiino a 3ª División e este pasado sábado sufría unha nova derrota. A terceira en 5 chouques. Os da parroquia carballesa, comezaban a competición empatando no Carral co Rápido de Bouzas, caían cun axustado 3-2 na sua visita ao Racing Vilalbéz, empataban de novo no se campo co CF Noia, (1-1), e sufrían un doloroso 5-2 no campo do Viveiro. Desta volta voltaban a seu terreo de xogo e fronte a eles o potente Polvorín, filial do CD Lugo.

Moi pronto se lle poñía o encontro de cara aos sofanistas, cun tanto de Paulo aos 3 minutios de xogo, pero a ledicia duraba pouco, pois os lucenses empataban de penalti no 11 por medio de David Rojo, e 3 minutos despois facían o da remontada, por medio de Martín, (14´). A segunda metade foi de control por parte dos visitantes, e sen nada reseñable para os sofanistas, a pesares de que o tentaron en todo momento.

O martes visitan ao Choco no “Santa Mariña”, a partires das 17:00 horas.

Pola sua banda o seu veciño o Bergantiños FC que segue invicto sumaba nas Eiroas a sua primeira vitoria do campionato a costa do Móstoles e con gol e remontada no 92´.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Raúl López/DXT Campeón