O SD SOFÁN PÁSALLE POR ENRIBA AO CD BOIRO, (5-1) NUN GRAN ENCONTRO.

PREFERENTE NORTE

-18ª Xornada-

O SD Sofán pasoulle por enriba ao CD Boiro.

 

SD Sofán 5-1 CD Boiro

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Gran partido o visto no Carral despois do parón navideño e onde o Sofán foi un rodillo fronte a un gran equipo coma e o Boiro. Adiantouse pronto no marcador o Sofán, nunha boa presión feita polos homes de ataque e onde Fita cede a Fabián para desede a frontal da área marcar de tiro colocado (1-0). No 16′, un balón a espalda da defensa rival controlao Alexandre pero remata floxo. O Boiro apenas inquedaba a meta de Brais, solo con tímidos achegamentos de Elier e Oscar “La Magia”. No 33′ unha nova combinación entre Fita e Juanjo, este centra o segundo pau para que Alexandre marque de remate picado (2-0). Con este resultado chegariase o descanso.

Na 2ª metade o Boiro saíu máis enchufado e os primeiros 15′ foron onde crearon varias ocasións de perigo en internadas de La Magia e algunha falta, pero o Sofán non estaba disposto a conceder e no 52′ a piques está de marcar Fita de chilena tras un bo centro lateral. No 62′ chegou o gol do Boiro nunha falta o borde que materializa La Magia, todo un especialista nestas accións. Este gol despertou os de Alberto Rodríguez, que se espolearon e deron a sua réplica no 64′, onde nun roubo de Fabian na banda, internase na área e cede o capi Raúl que pon o 3-1 con un zurdazo inapelable. Os cambios ainda deron máis ritmo o partido, xa que dous deles, Carro e Jony marcaron o cuarto e quinto gol, os dous tras un erro na saida de balon da defensa boirense e onde Jony marca de tiro cruzado no 77′ e un minuto máis tarde Carro tras un novo erro que aproveita para marcar de vaselina.Trunfo cómodo do Sofán ante un potente equipo, no que foi claro dominador o longo dos 90 minutos”.

SD Sofán : Brais, Raúl Añón, Canedo, Gody, Viqueira, Juanjo, Eibe, Fabián, Alexandre, Fita, e Raúl.
Trocos : 63: Carro x Eibe; 66: Jony x Fabián; 70: Quintela x Raúl e 74: Rubén x Fita

PREFERENTE NORTE

-18ª Xornada-

(Equipos “Zona Pirata”)

Atlético Arteixo-Sarriana : 05/01 ás 12:00 horas

CD Noia 3-1 Xallas FC

 SD Sofán 5-1 CD Boiro

Puebla CF 0-0 Laracha CF

SD Fisterra-Ribadeo CF : 05/01 ás 16:00 horas

-Fotos e Texto : Marco López/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.