O SD SOFÁN LÉVASE O PRIMEIRO ROUND DA FINAL A DOBRE VOLTA DOS XUVENÍS DA COSTA POLO TÍTULO E POR UN POSTO NA PROMOCIÓN.

As Redondas viveu un gran ambente.

 

Cabana SD 0-1 SD Sofán

O Sofán levouse no desconto o primeiro encontro na loita polo título de campión absoluto da Liga da Costa Xuvenil, e que da opción a loita polo ascenso a Liga Galega Xuvenil. O gol dos sofanistas foi obra de Manuel Castro, cando xa se contaba con que non se movería o marcador.

Así nolo contan os adestradores :

Fernando Mato, (Adestrador do Cabana SD) : “Entrou o sofan mellor no partido pero fomos metendonos pouco a pouco e a verdad que estuvo muy igualado e que xa pensabamos que seria a 0-0 pero nun mal despegue perdemos o sitio e nunha contra meteria o sofan o unico gol pero quedan 90 minutos e ahi estaremos pa dar guerra”.

José Barca, (Adestrador do SD Sofán) : Partido moi disputado ao que chegamos ca baixa do capitán Raúl, pero respondemos moi ben en defensa. Eles xogo direto e na primeira tiveron unha moi boa. Tivemos un par de remates a balón parado. Partido de 0-0, no treito final notouse o cansanzo por ambos lados e o encontrpo voltouse de ida e volta, e nunha xogada no 90 collémoslle a esplada, colleu mano e meteuna por enriba do porteiro. A ver como lle vai a Roi que tivo que ir a Coruña tras lesionarse e agora buscar descansar e esperar o encontro de volta con máis forza”.

-Foto : Fernando Mato

-Texto : piratasdemuxia