O SD SOFÁN GOLEA AO CABANA E CONVÍRTESE EN CAMPIÓN DO GRUPO 1A DOS XUVENÍS DA COSTA E OBRIGA O CABANA A GAÑAR PARA A SEMANA SE QUER IR A PROMOCIÓN..NO GRUPO 1B O UC CEE VAI A PROMOCIÓN COA ESTEIRANA.

Gran encontro o vivido no Carral.

 

Xuvenís da Costa Grupo 1A

SD Sofán 4-1 Cabana SD

Era o encontro da xornada, tanto porque era o único que se xogaba no Grupo 1A, como que estaba en xogo o título de campión desta 1ª Fase, como o pase a promoción. Os cabaneses chegaban escasos de efectivos por ter varios xogadores lesionados e na convocatoria ían con varios mermados fisicamente, pero a pesares diso foron xogar ante un Sofán ao que lle costou de inicio ante a boa primeira metade cabanesa, pero na segunda metade foron mellores os cabaneses e certificaron o título de campións e o seu pase a promoción.

Así nos conta Fernando Mato, adestrador do Cabana SD o que foi o choque : “Xogamos unha primeira parte soberbia con derroche fisico e marcando un golazo chegando o descanso co resultado de 0-1
Na segunda parte o Sofán saíu a por todas e nun fallo noso chegaba o empate, e a poucos minutos tería que sair o noso xogador Roberto que se mareaba, e non era prudente que seguira no campo. Os poucos minutos unha falta colgada a nosa área rematan o outro pao no que nada podemos facer, Nós tivemos un man a man de Rubén co porteiro, e outro de Hugo, pero aí estivo fino o porteiro do Sofán. Acabando o partido con nós volcados, perdida de balón e a contra maárcannos os dous uúltimos goles…Queda recuperar os rapazes e conseguir os 3 puntos no último partido para poder ir a promoción”.

Goles : 0-1, Roberto, (5´); 1-1, Brais, (68´); 2-1, Raúl, (83´); 3-1, Ramón, (desconto); 4-1, Daniel, (desconto).

 

Xuvenís da Costa Grupo 1B

Derradeira xornada neste grupo na que só quedaba saber un posto na promoción, que podía ser para o UC Cee ou para o Outes CF. O equipo ceense precisaba puntuar ante o Muxía CF e non fallou, (1-2), polo que asinou a sua participación na promoción de ascenso na que acompañará ao campión do grupo, SCDR Esteirana. Pola sua banda o Outes CF precisaba gañar e que perdesen os ceenses, pero a sua goleada ante o SD Soneira, (90-6), foi infructuosa e quedouse fora da promoción.

 

Derradeira xornada, (14ª)

Muxía CF 1-2 UC Cee

Soneira SD 0-6 Outes CF

CF Porteño 5-3 ED Os Miúdos

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Fernando Mato

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies