SD Sofán 3-1 Outes FC
O SD Sofán coroouse campión da Copa da Costa Xuvenil tras derrotar por 3-1 ao Outes FC na final disputada este sábado 20 de xuño no campo de Platas Reinoso, en Baio.
O encontro comezou moi igualado, aínda que o conxunto sofanista foi quen de golpear primeiro. No minuto 5, Marcos Pose abriu o marcador para o SD Sofán, que se marchou por diante no marcador tras un inicio intenso. O Outes intentou reaccionar, pero os de Sofán mantiveron a vantaxe ata o descanso.
Na segunda metade chegou o momento decisivo da final. Pedro Vilariño ampliou a diferenza no minuto 50, poñendo o 2-0 e obrigando ao cadro outés a asumir máis riscos. Co partido aberto, Joel Negreira anotou o terceiro gol no minuto 60, deixando a final moi encamiñada para os sofanistas.
O Outes FC non baixou os brazos e recurtou distancias no minuto 65 grazas a un tanto de Daniel Torrea, pero o marcador xa non se movería. O Sofán soubo controlar os minutos finais e certificou unha vitoria por 3-1 para levantar o título copeiro.
SD Sofán : Diego Rama, Antón Rodríguez, David Tasende, Rubén Porteiro, Marcos Pose, Iván Castro, Bruno Pombo, Mateo Fontaíña, Manuel Breijo, Mateo Rey e Pedro Vilariño.
Suplentes: Darío Pena, Iván Golán, Álvaro Álvarez, Bruno Soneira, Jordan Botana, Daniel Rodríguez e Joel Negreira.
Adestrador: Jaime Rodríguez Barreiro.
Outes FC : Adrián Freire, Iván Lado, Manel Carou, Daniel Torrea, Brais Lado, Hugo Seoane, Eloy Lado, Hugo Sierra, Xoel Dosil, Adrián Rey e Telmo Leis.
Suplentes: Álvaro Domínguez, Mateo Molinos, Pedro Martínez, Yeray Vázquez e Hugo Antelo.
Adestrador: Non presenta na acta.
Goles : 1-0, Marcos Pose (5’); 2-0, Pedro Vilariño (50’); 3-0, Joel Negreira (60’); 3-1, Daniel Torrea (65’).
Árbitro principal: Esteban Domínguez Lado.
Árbitros asistentes: Xoel Forján e Diego Maneiro.
4º árbitro: Adrián Fidalgo Martínez.
A Copa comezou o 23 de maio coa previa na que o Sofán derrotaba ao Lira CF por 1-2, eliminatoria na que non entrou o Outes. En oitavos o Sofán deixaba fora ao SD Oza, (0-15), e en cuartos o SD San Lorenzo, (1-4). O outes en oitavos derrotaba ao CF Mazaricos, (3-1), e en cuartos ao Ponteceso SD, (2-0), o resto tédelo no cadro.
–
-Foto : Instagram SD Sofán
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
