O SD Sofán campión da Copa da Costa de Cadetes o derrotar na final o Outes FC, (3-1).

 SD Sofán 3-1 Outes FC

O SD Sofán proclamouse campión da Copa da Costa Cadete tras superar por 3-1 ao Outes FC na final disputada esta mañán de Domingo no campo do Xaviña, en Buño. Os rapaces emularon aos seus maiores que derrotaban tamén o Outes FC por 3-1 na final de xuvenís.

O encontro comezou de cara para o conxunto outés, que se adiantou no marcador no minuto 13 por medio de Xoel Dosil, culminando unha boa acción ofensiva para poñer o 0-1. A reacción do Sofán non se fixo esperar e, tras varios achegamentos á área rival, Adrián De Jesús conseguiu restablecer a igualdade no minuto 33, chegando ao descanso cun empate que deixaba todo aberto.

Na segunda metade, o Sofán deu un paso adiante e logrou remontar no minuto 60 grazas a un tanto de Iván Domínguez. Co 2-1, os de Sofán controlaron mellor o partido e souberon frear os intentos do Outes por volver entrar na loita polo título. Xa no tramo final, Matías Margarida sentenciou a final no minuto 78, establecendo o definitivo 3-1 que certificou a conquista copeira para o cadro vermello.

SD Sofán : Mauro arreira, Raúl González, Daniel Frade, Adrián De Jesús, Iván Domínguez, Mateo García, Pablo Abelenda, Brais Rojo, Adrián Reymúndez, Manuel Reino e Matías Margarida.
Suplentes: Eloi Lavandeira, Yoel Torreira, Samuel Muñiz, Joel Pérez, Alexandre Verdía, Manuel García e Daniel Cancela.
Adestrador: Samuel Baña Calvo.
Outes FC : Aitor González, Juan Carlos Maneiro, Yago Caamaño, Antón Villaverde, Hugo Antelo, Xoel Dosil, Andrés Martínez, Francisco Domínguez, Antón Pérez, Xoel Martínez e Joel Blanco.
Suplentes: Martín Iglesias, Francisco Romero, Anxo Xosé Buján, Elian Cambeiro e Diego Insua.
Adestrador: Carlos Romero Martínez.
Goles : 0-1, Xoel Dosil (13’); 1-1, Adrián De Jesús (33’); 2-1, Iván Domínguez (60’); 3-1, Matías Margarida (78’)
Árbitro principal: David Castro Varela.
Asistentes: Juan Antonio Caamaño e Hugo Bardaña.

-Foto : instagram SD Sofán

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”