O SD SOFÁN CAMPIÓN ABSOLUTO XUVENIL DA COSTA O DERROTAR NOS PENALTIS AO CABANA SD.

O Sofán campión absoluto de xuvenís.

 

SD Sofán 0-1 Cabana SD

(Penaltis : 4-2)

O Sofán proclamouse campión absoluto da costa e será o noso representante na promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil, tras derrotar ao Cabana SD na tanda de penaltis, xa que ao final do tempo regulamentario de encontro os cabaneses gañaban por 0-1 con gol de Miguel Blanco, gol acadado no minuto 70. Na posterior prórroga non se movía o marcador. No encontro de ida os sofanistas gañaran por 0-1 con gol no desconto de Manuel Castro. Estes dous equipos xa loitaron polo título de campión de grupo, que se levou tamén o equipo sofanista.

Así viron o encontro os adestradores :

José Barca, (SD Sofán) : Cuarto encontro na tempada co Cabana, polo que nos coñecíamos ben. Os rapaces souberon sufrir, adiantáronse cun golazo. Houbo ocasións que non se materializaron e o final fomos a prórroga, na que non se moveu o marcador e tivemos a sorte nos penaltis. Un premio merecido para os rapaces, que acabaron a liga invictos e digamos que é unha mala pasada perder este partido. Agradecerlles o que fixeron en todo o ano e agora a pensar na copa”. 

Fernando Mato, (Cabana SD) : “Partido disputado e digno de ver para os afeccionados donde nos tiñamos que arriscar e ocasións houboas para os dous lados. Conseguimos o obxetivo que era ter opcións durante os 90 minutos e ríndome os nosos rapazes, 11 xuvenís e 3 cadetes, que fixeron un desgaste físico enorme, e cando ves que non podían dar máis pois felicitalos por todo. É para min un orgullo estar con eles. Os protagonistas foron eles e o golazo fui dun “enorme”, Miguel, que o pararon a faltas, e nos penaltis a sorte estivo do lado do Sofán, e hai que felicitalos, e desexarlles sorte na fase de ascenso. Tamén destacar ao trío arbitral, que estivo a altura da final”.

 

HOXE FINAL DE INFANTÍS

Outes FC e Xallas FC xogánse hoxe o título de campión absoluto da costa e un posto na promoción de ascenso a Liga Galega Cadete no campo “O Conchido” da Serra de Outes. Os xalleiros parten ca ventaxe de 4-2 do encontro da ida, a pasada semana en Santa Comba. O choque comezará a partires das 11:00 horas e será dirixido por Gustavo Vidal Fonseca.

 

-Foto : LGBA/FaceBook SD Sofán

-Texto : piratasdemuxia