O SD SOFÁN ANÚNCIANOS A FICHAXE DO XOVE MUXIÁN, ÁLEX SÁNCHEZ, DO DUMBRÍA, E O MUXÍA A DE ADRIÁN SUÁREZ DO CORME.

Álex Sánchez, (24), ven de gañar a Copa da Costa co Dumbría.

 

O muxián, Álex Sánchez ven de asinar polo SD Sofán que un ano máis militará na Preferente Norte. O rapáz chega ao equipo sofanista tralo seu paso polo CF Dumbría da 1ª Galicia, e ao que chegou dende o Bergantiños FC Xuvenil ao que chegou precisamente dende o equipo dumbriés. Ainda que os seus comezos foron no Muxía CF nas categorías máis pequenas, a sua traxectoria foi cáseque toda, xa dende infantil no UC Cee ata cadete e xogando tamén cos xuvenís, para pasar a completar as categorías de base no CF Dumbría.  O xove muxián ven de gañar o pasado mes a “LIX Copa da Costa” co equipo dumbriés, así como de despedida xogou esta pasada fin de semana cos dumbrieses ante o Sigüeiro polo 3º posto de campións de copa da Deputación da Coruña. Zagueiro de poderío e rapidez que suma o SD Sofán o novo proxecto para a 2024/25.

 

O Muxía ficha o meta cormelán Adrián López

O CF Muxía fai a sua segunda fichaxe para o proxecto na sua volta a 1ª Galicia. Se fai uns días era o dumbriés, desta volta anuncia a fichaxe do xove meta do Corme CF, Adrián Suárez Pérez, de 21 anos de idade. Adrián, residente en Laxe, comezou a xogar nas categorías de base do Cabana SD, de onde pasou ao SD Laxe, no que xa xogou algún encontro co senior sendo xuvenil, de aí pasou o Corme CF no que xogou as derradeiras 4 tempadas antre o xuvenil e o senior. O clube muxián tamén está traballando na procura dun adestrador que leve o equipo, o ter que abandonar Nando Waldomar e Fran “Pioto” por problemas para compaxinar a nova categoría e os seus traballos.

 

Derrotas costeiras na Copa Deputación da Coruña

O Xallas FC Feminino e CF Dumbría masculino caen nos encontros da Copa Deputación na que ambos loitaban polo 3º posto. O CF Dumbría que a apasada semana quedaba fora da final de campións de copa da Deputación da Coruña, desta volta loitaban co Sigüeiro, caendo por 2-0. Pola sua banda o Xallas FC Feminino caía por 5-2 ante o SD O Val. O equipo de Santa Comba chegaba a este encontro con tan só 13 xogadoras.

 

AVISO

No apartado de fichaxes e baixas dos equipos só iremos poñendo os que nos cheguen por medio dos nosos contactos, (email, tlf e whatsapp). Para que non se pense que poñemos uns si e outros non, pois é imposible que nos enteremos de todos.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies