O SD LAXE ABRE HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA UN CAMPUS DE TECNIFICACIÓN EN SEMANA SANTA DIRIXIDO A NENOS/AS DE 6 A 14 ANOS.

Os nenos terán deporte e divertimento en Laxe.

 

O SD Laxe abre no día de hoxe 22 de Marzal un Campus de Tecnificación dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade. O campus desenrolarase durante a vindeira Semana Santa, os días 3, 4 e 5 de Abril, no Campo “Rogelio Martínez”, antigamente chamado “Cabo d´area”, e impartirase de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres.

No campus, que orgañiza o SD Laxe e colabora o concello laxense, haberá adestramentos específicos para xogadores/as e porteiros/as, e faranse en grupos reducidos. Para tódolos participantes habará unha equipación do campus, así coma un almorzo saudables. O campus estará dirixido por Borja Facal e José Antonio Moreira.

Para os que queiran máis información poden facelo no teléfono 981 706 903, ou no correo electrónico, julio.torreira@laxe.es. O evento terá un custe de 30 euros para os que pertezan a disciplina do SD Laxe e de 40 para o resto de interesados/1as.

Para o pagamento da cuota teñen aberta unha conta bancaria : ES06 2080 0050 4000 5284

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies