O SD FISTERRA NEGOCIA A VOLTA DE ÁNGEL LÓPEZ, PARTÍCIPE DOS DOUS ASCENSOS DIRETOS DO CLUBE “VERDIÑO”.

Ángel López Canosa

 

O SD Fisterra está a negociar a volta o banco de Ángel López Canosa, partícipe de dous ascensos consecutivos que levaron o clube verdiño a 3ª División. Trala decisión do clube fisterrán de prescindir de Jaime Sánchez, que chegaba a finais de Xullo do 2020, suplindo a Ángel, e despois de o clube tentar de maneira infructuosa as incorporacións de José Manuel Pose, David Vidal ou Marcote, o club fisterrán valorou a opción de fichar a Juan Porrúa, adestrador do UD Monte Louro e antigo compañeiro de José Manuel Álvarez no CF Dumbría, pero tampouco se levou a cabo.

O quinto en discordia foi Jaime Sánchez, que negociou co club fisterrán ata alcanzar un acordo e facer oficial, a través dun vídeo no seu domicilio, que sería o adestrador do Fisterra na sua volta a 3ª División.

Agora o clube fisterrán trata de devolver a Ángel López o banquiño do “Arasolis”, empresa moi complicada dada a situación laboral do magnífico adestrador costeiro, que fai difícil, (pero non imposible) o retorno do “fillo pródigo”.

-Foto : DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia