O SD FISTERRA LEVOUSE A SUPERCOPA DA COSTA/SAR TRAS GOLEAR O SD TORDOIA, (4-1).

O Fisterra alza un novo título.

 

SD Fisterra 4-1 SD Tordoia

O equipo fisterrán que xa gañara a Copa da Costa con Juan Purrúa e Juan Cabrejo no banco, repiteu éxito con Ángel López no banco. Nunha tarde desapacible, na que a pesares das inclemencias metereolóxicas, xuntou a medio cento de afeccionados no “A Fontenla” de Santa Comba, (campo no que tamén se xogou a final da Copa da Costa, antre o Fisterra e a Esteirana), os fisterráns derrotaban con solvencia ao SD Tordoia, que chegaba como campión da Copa do Sar, co oleiro, Calvete no banco.

Esta Supercopa da Costa/Sar foi orgañizada pola Clínica de Fisioterapia e Osteopatía Nando Muíño de Carballo, coa colaboración do Concello de Santa Comba e o Xallas FC.

Así foi o encontro :

-Minuto 8, man fora do porteiro do Fisterra evitando nun tiro de Abel que queda en amonestación.

-Adiantase o Fisterra no minuto 17
-Gol de Juan Formoso, tiro lonxano que envenena o vento presente na Fontenla no que nada pode facer Brais.

-Minuto 30 centro de Ibra dende a banda esquerda e Dubra en propia porta mete o balon na sua porteria cando intentaba despexar.

-Minuto 50´, Fisterra 3-0 Tordoia, non falla à sua cita co Gol Makay que tras unha boa xogada pola esquerda remata un centro a porta baleira.

-Minuto 52, gol de Cesar Gontan, marca da casa con un libre directo que se cola pola escadra.

-Gol de Adrián “Makaay”, minuto 65, tras unha mala saída de Brais, o dianteiro fai o cuarto para os fisterráns.

-Penalty no 90’. Errou Ibra que a mandou por enriba do longueiro.

-Foto : Rapacollóns Big Band

-Texto : piratasdemuxia/Orgañización.