SD Fisterra 3-0 Laracha CF
Goleada do equipo fisterrán sobre o larachés fraguada na primeira metade e que lle vale para auparse a 6º praza con 31 puntos a 2 do cuarto, SD Dubra, e un encontro menos, a 2 do 3º, UD Paiosaco, cos mesmos encontros xogados e a 7 do segundo, Sigüeiro FC, que será o rival o que visitarán os fisterráns o vindeiro Domingo a partires das 16:30 horas.
Se xa o empate da pasada semana ante o CD Boiro, (2-2), foi bo para o equipo que adestran Purrúa e Cabrejo, mellor foi esta goeda que enche os fisterráns de moral nestas 3 xornadas que restan por xogar. O trunfo ante os laracheses, como dicíamos, fragouse na primeira metade na que se adiantaban cun tanto de Capelo aos 10 minutos de xogo, cando transformaba unha pena máxima. Adrián “Makaay” poñía terra de por medio a media hora de xogo, e tan só 2 minutos despois, Capelo, desta vez de xogada, facía o que sería definitivo 3-0.
Outros resultados e encontros pendentes dos adiados
Boimorto CF 1-3 UD Paiosaco
UD Paiosaco-Agrupación Estudiantil, 09/03 ás 20:30 horas
SD Fisterra-SD O Pino, 09/03 ás 20:30 horas
-Foto : DXT Campeón
-Texto : piratasdemuxia