O SD FISTERRA DI PRACTICAMENTE ADEUS A 3ª DIVISIÓN CUNHA INESPERADA DERROTA ANTE O CD PONTELLAS, (2-1).

 

CD Pontellas 2-1 SD Fisterra

Non se esperaba unha derrota na visita ao Porriño, onde no “San Campio 2”, xogábanse os fisterráns seguir soñando coa permanenza, pero o colista saía respondón e adiantábase aos 8 minutos cun tanto de Fernando. Alejandro conseguía igualar o choque na derradeira xogada do primeiro tempo, pero un tanto de Yago aos 78 minutos de xogo era a lápida para os verdiños, que non serían quen de conseguir empatar para optar a vitoria. 

Os fisterráns con este pinchazo quedan a 9 puntos do CD Barco que marca a derradeira praza da salvación e con 9 por xogar. Ainda que na teoría todo é posible, terían que darse moitas carabolas. Gañar os fisterráns os 3 encontros que quedan, perder o CD Barco os 3, e o UD Ourense e CD Ribadumia non facer máis de 2 puntos nas 3 xornadas finais.

O dianteiro verdiño Adrián “Makaay” un dos buques enseña do clube deixaba unas dorosas verbas na sua rede social : “Hasta aquí chegou o viaxe da S.D.Fisterra na Terceira División. Fumos a fallar o día menos esperado e contra o rival menos esperado, pero esto é o fútbol e por eso nos gusta tanto. Sólo nos queda o consuelo de que os 16 que xogamos hoxe démolo todo, todo o que tiñamos e ainda así non chegou. Creédeme que vamos destrozados, con lesións e sin unha gota de alento máis no corpo. E non chegou. Cando estás tanto tempo o fio da navalla poden pasar estas cousas, resbálache un día un pé e vas o mar. Nada máis, non sen que máis se pode decir. Vivimos o mellor do fútbol os últimos anos e hoxe toca vivir o peor. Non nos queda outra que honrar esta camiseta e este escudo hasta o último minuto do último partido igual que fixemos hoxe. Volveremos, porque esto é máis que fútbol e nos somos unha familia. Nas malas e cando se ven os equipos. A lamerse as feridas e a seguir. Para a semana outro. E nada máis. Sentímolo muito pero non puidemos faser máis”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.