O SD FISTERRA CONVOCA AOS SEUS SOCIOS A UNHA XUNTANZA NA BUSCA DE NOVO PRESIDENTE ANTE A DIMISIÓN DE JUAN JESÚS.

 

Inesperadamente o presidente da SD Fisterra, Juan Jesús Martínez, posiblemente o mellor presidente da entidade no máis de medio século de vida, renunciaba ao seu cargo, polo que o clube fisterrán convoca para o vindeiro Domingo 13 de Setembro unha xuntanza no Salón de actos do Concello de Fisterra a partires das 19:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda.

O único punto desta Asemblea Extraordinaria é a presentación de candidaturas a presidencia do clube. O único requisito para presentarse é ser socio na tempada pasada e estar o corrente de pago.

O clube fisterrán que este ano xogará na 3ª División segue a reforzar o equipo e o derradeiro en chegar foi o central Marcos Caridad chegado do CD AS Pontes.

Juan Jesús colleu o mando un 4 de Febreiro do 2017 co equipo na Liga da Costa e dende aquela, subeu as vitrinas unha Copa da Costa e os ascensos a 1ª Galicia, Preferente Norte e 3ª División, toda unha proeza.

Así o despedían dende o FaceBook do clube : “Hoxe,somos nos, a SD Fisterra, ainda dixerindo, o comunicado de onte, onde o noso actual presidente nos comunicaba a sua decisión de dimitir do seu cargo.

Cando collestes o presidencia foi un momento duro para a SD, e todos os que nese tempo estaban ai, e ti fostes o mais valente e tirastes para adiante ca xente que estaba o teu caron,e que despois destes catro anos, vese a recompensa.Fustes un presidente que sempre estivo pero nunca quixo ser mais que ninguen, que sempre apandou,co bo e mais co malo, e que hoxe nos di, ata aqui…os motivos???? De todo un pouco (traballo,cansancio,familia,salud….) o que sexa, todo o mundo ten que respetar as decisions de cada un.
Nos, a tua familia verde, so che pode dar as grazas pola tua labor, polo compañerismo que demostraste sempre, por un lote de cousas,que non nos chegaria a tempada para nomear, pero non queremos que sexa unha despedida porque todos sabemos que sempre vas estar ali, polo Arasolis, alentando o teu equipo, e de seguro botando unha man si fai falla…MOITAS GRAZAS PRESI”.
E desta maneira a afección por medio dos siareiros dos “Rapacollón Big Band” : “A vida non deixa de ser un camiño cara algunha parte e o teu camiño sempre che levará a un campo de fútbol, sempre ó Ara-Solis. Hai veces que é necesario pararse e tomar un respiro nun recodo dese camiño que nunca deixarás de andar. Non abandonas o barco, non mandaches un burofax nin te vas para o City. Aquí somos máis normales. Pouca xente é consciente da carga que supón levar o peso dun clube como o Fisterra e iso pasa factura. GRACIAS POR TODO, Juan. Para sempre quedan os inolvidables momentos que só foron posibles co traballo de persoas coma ti. Decímosche o que se lle debe decir ás persoas que aman este escudo: Nunca te vaias porque sempre serás necesario”.

 

A nosa máis cordial noraboa a Juan Jesús por todo o que fixo co SD Fisterra e polo fútbol da costa.

 

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : SD Fisterra