O SD FISTERRA ACADA A VITORIA ANTE O CSD ARZÚA, (0-1), TRAS PRESCINDIR DE JAIME SÁNCHEZ COMO ADESTRADOR POR MÚTUO ACORDO O PASADO XOVES.

 

A SD Fisterra que depois de cáseque 4 décadas voltaba a 3ª División anunciou o pasado xoves que de múrtuo acordo decidían que Jaime Sánchez deixase de ser o adestrador do equipo. Non trascenderon os motivos e dado que polos resultados non é o máis lóxico, é pensar que todo apunta a faceta económica derivada da falla de ingresos por culpa do COVID-19.

Recibimos moitas mensaxes tanto de ánimos para Jaime, e a gratitude polo aportado o equipo, como en contra da decisión. Todos eles respetados pero o único que sabemos é que foi un acordo mútuo como ben apunta o clube.

Vitoria ante o CSD Arzúa

O clube fisterrán, xa sen Jaime no banco,  derrotaba no encontro da 17ª xornada ao CSD Arzúa por 0-1 con gol de Capelo, na loita pola permanenza, a procura de buscar un sitio na 3ª División da vindeira tempada que esperemos, (e desexamos), que sexa de verdade, con afeccionados nos campos e ca seguridade de sempre.

 

-Foto e Texto : DXT Campeón/piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies