O SD Coristanco volve a ser campión e o Cabana SD ascendido

O Coristnco volveu a facer historia ante o Camariñas.

-O SD Coristanco volve a ser campión e o Cabana SD ascendido-

-Tres equipos para un posto na promoción de ascenso-

Hoxe por problemas co editor, que nos chegan por mor do antigo servidor, non vos podemos traer as crónicas cos comentarios de tódolos adestradores coma normalmente polo peso da información. Estamos traballando na nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques e deixar atrás tódolos problemas que estamos a ter ultimamente, polo que vos pedimos desculpas.

Aquí tedes tódolos resultados, clasificación e vindeira xornada da 3ª da Costa na que ttal e como vos apuntamos no día de onte o SD Coristanco proclamábase campión a falla de 2 xornadas para o final da liga. Os da “Terra da pataca” derrotaban 4-1 ao FC Camariñasante a sua afección. Dase a casualidade de que fai 32 anos o equipo coristanqués gañaba a Copa da Costa ante o clube camariñán e volve a celebrar un título ante o mesmo rival neste 2019 que o clube verdibranco cumpre o seu 40 aniversario. O sábado 30 de Marzal a diretiva ten programada unha festa no encontro da derradeira xornada de liga na “Rocheira” ante o Sporting Seaia. Unha festa para celebrar o título na que haberá unha orquestra e na que está invitado todo o pobo de Coristanco. Agora os rapaces de Eloy Calvo queren completar a liga iunvictos. Outros que tamén festexaron foron os do Cabana SD que como xa vos adiantamos onte, acadaban ca vitoria sobre o UD Corcubión, (4-2), o ascenso direto a Liga da Costa. Agora falla saber quen será o que acompañne a SD CastrízCF Porteño e Outes CF na promoción. O que máis papeletas ten é o FC Camariñas que ocupa a 6ª praza con 32 puntos, 3 máis ca CF Castrelo e SD Laxe...Abre a nova o completo para ver a clasificación e a vindeira xornada.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Coristanco e Cabana SD : xogadores, técnicos, diretivos, axudantes dos clubes, e como non aos afeccionados.

Segue ca clasificación e vindeira xornada…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS.

-RESULTADOS-

-24ª Xornada-

 16 e 17 de Marzal do 2019

   SD Laxe 2-2 CF Porteño

  Cabana SD 4-2 UD Corcubión

 EF As Baleas 0-0 Sporting Seaia CF

 CD Nantón 0-1 Outes CF

 SD Coristanco 4-1 FC Camariñas

  SD Camelle 2-2 CF Castrelo, (16/03)

Descansa :  SD Castríz

CLASIFICACIÓN

-25ª Xornada-

 24 de Marzal do 2019

   CF Porteño-Cabana SD

  UD Corcubión-FS As Baleas

Sporting Seaia CF-CD Nantón

Outes CF-SD Coristanco

FC Camariñas-SD Camelle

CF Castrelo-SD Castríz

Descansa :  SD Laxe

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies