O SD Coristanco enfila o título de liga

O meta do Camelle, “Pesco” sufreu a rotura do “Talón de Aquiles”.

-O SD Coristanco enfila o título de liga-

-Xornada de lesionados graves-

23ª xornada da 3ª da Costa, condicionada pola “Mikaela” de Buño que fixo que a chavalada xogase trasnoitada en moitos casos. O lider SD Coristanco segue a sua bola e tras acadar o ascenso a pasada semana, nesta salvaba un “match” moi complicado na sua ruta hacia o título de liga, que xa toca cos dedos. A vitoria dos coristanqueses ante os vimianceses, (0-2), tivo un mal sabor pola lesión de Xuco que recaeu da mesma lesión que o tivo a mal traer o pasado ano. A semana pasada o Cabana SD gañaba o seu encontro na loita pola segunda praza e na tarde de onte o SD Castríz derrotaba a un bo SD Camelle, (4-0), que chegaba con 12 xogadores e que sufría as lesións de Barreiro e a do meta, David “Pesco” que hoxe recibía a mala nova de que ten roto o “Talón de Aquiles”, polo que se lle acaba o fútbol para 3 meses. Aacabou o equipo camellán con 9 xogadores no terreo de xogo. Tamén tiña varios lesionados o FS Baleas, que caía ante un Outes CF, que xa acariña o posto de promoción, ao igual co FC Camariñas que derrotaba ao CD Nantón que xa dí adeus a loita pola promoción, non así o SD Laxe que derrotaba ao UD Corcubión, (2-4), e o CF Castrelo que deu un paso atrás, pero que ainda ten opcións.

-CRÓNICAS-
 
Outes CF 7-1 FS As Baleas  
 
-Miguel “Laracha”, (Adestrador do Outes CF) : “Partido no que nada máis empezar xa nos puxemos por diante e eso dounos tranquilidade, os 20 minutos xa gañábamos 3-0, e eles non se acercaban a portería do meu equipo. Dominábamos e xerábamos ocasións de gol, antes do descanso nun error do noso porteiro conseguiron marcar.
Na segunda saimos buscando o gol e conseguimos marcar 4 máis sin que eles nos xeraran ocasión algunha. Era cuestión de que acertáramos para marcar máis. Reseñar a boa tarde do porteiro rival a pesar dos 7 goles. Partido cómodo e que nos permite sumar 3 novos puntos de cara a entrar nos “play off “.
 
-Vicente Castiñeira, (Adestrador do FS As Baleas) :  “Semana moi rara despois dos dous últimos partidos.
Entre lesions gripes e traballo presentámonos con 10 xogadores, e polo tanto partido dominado de principio a fin polo Outes, donde nós demos a cara, e donde quero destacar o noso porteiro, pola temporada que está fasendo CALI”.
 
Goles : 1-0, Eloy, (2´); 2-0, Santi Álvarez, (13´); 3-0, Simón, (20´); 3-1, Antón, (44´ propia porta); 4-1, Santi Álvarez, (55´); 5-1, Eloy, (58´); 6-1, Sergio, (78´); 7-1, Simón, (91´).
 
 
 
SD Castríz 4-0 SD Camelle
 
-Rogelio Rodríguez, (2ºAdestrador do SD Castríz) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
 
-Rubén Pose, (Presidente do SD Camelle) : “Foi un partido no cal os nosos xogadores disputaron un gran partido a pesar do que o resultado final reflexa no marcador. Na primeira parte estivemos ben pechados atrás sin deixar que o Castríz disfrutase de moitas ocasións, e sin inquietar nos a sua defensa. No minuto 40 o noso xogador Felipe Barreiro lesionase e ten que ser sustituido por Dido, no tempo que nos quedamos con 10 no minuto 42 adiantase o Castríz nunha xogada de fortuna para eles e chegamos o descanso. Na segunda parte empezamos moi ben situados no campo e intentando inquietar un pouco máis o Castríz, pero outra lesió, neste caso do noso lateral dereito Rodrigo propicia a xogada que acaba cometendo o noso central Snaki en penalti, no que o Castríz non errou. E quedamos con 10. Un par de minutos despois noutro ataque do equipo xalleiro sin perigo lesionase o noso porteiro David, tense que retirar do terreo de xogo cun forte dolor no “Tendón de Aquiles”, e poñer un xogador de campo de porteiro e quedando con 9. Ainda asi loitamos os minutos restantes intentando facer o gol da honra, e marchando do campo sabendo que os nosos xogadores deron todo que podían dar, en definitiva un gran partido dos nosos mágoa do resultado e das lesions”.
 
Goles : 1-0, Sebas, (42´); 2-0, Sebas, (76´ de penalti); 3-0, Sebas, (79´); 4-0, Sebas, (90´).
 
 
 
 
FC Camariñas 3-2 CD Nantón
 
-Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Partido no que na 1ª parte foi superior o Nantón que se adiantou no marcador, e con ocasións para aumentar a ventaxe. Na segunda parte xa fomos nós superiores e conseguimos darlle a volta o marcador”.
 
-Carlos Vidal, (Adestrador do CD Nantón) : “Adiantámonos no marcador os cinco minutos nun balón roubado a defensa do Camariñas. Os 7 minutos nun balón longo a espalda da nosa defensa empátannos. Volvería Fabio a poñernos por diante os 25 minutos de xogo, nun tiro de fora da área e así chegouse o descanso. Na segunda empatou o pouco de empezar o Camariñas nun balón longo. Logo, tras varias ocasións falladas polo Nantón e algunha menos o Camariñas serían os camariñáns os que viron porta facendo o 3-2. Estiveron máis atinado a portería os camariñáns, e levábanse os tres puntos. Creo que foi a nosa derradeira bala de meternos na fase, pero intentarémolo ata o final”.
 

Goles : 0-1, Iván, (6´); 1-1, Washintong, (8´); 1-2, Fabio, (22´); 2-2, Djibril, (58´); 3-2, Washintong, (77´).

 
 
 
 
UD Corcubión 2-4 SD Laxe
 
-Sergio “Agranzón”, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
 
-José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Boa primeira parte pola nosa parte donde si aproveitáramos as ocasións poderíamos senterciar o partido. Na segunda baixamos algo e o Corcubion acortou distancias e presionou para conseguir empatar. Nós tivemos varios contrataaques, pero non sería ata o derradeiro minuto cando conseguiríamos o gol da tranquilidade”.
 

Goles : 0-1 Adrián, (7´); 1-1, Iago Lema, (17´); 1-2, Adrián, (32´); 1-3, Gustavo, (44´de penalti), 2-3 Iago Lema, (67´); 2-3, Manuel, (90´).

 
Incidencias : O árbitro José Ageitos expulsou con vermello direto no 91 ao xogador do UD Corcuibión Álex Agulleiro.
 
 
CF Castrelo 0-2 SD Coristanco
 
-José Antelo, (Adestrador do CF Castrelo) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
 
-Eloy Calvo, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido moi intenso en Vimianzo, cun Castrelo moi peleón, facendo unha presión grandísima a cada acción que intentábamos facer, loitando cada balón como se fora o último, e causando que non puidéramos ter unha posesión como querríamos ter. Facíamos boas transicións co balón e boas xogadas por banda con perigo, moi ben defendidas polo Castrelo. Na primeira teríamos varias que non resolveríamos, pero sufrimos a baixa de Xuco moi pronto, por unha lesión que nos facía ter que cambiar algo a forma de traballar, e no minuto 31 Samuel marcaría nunha moi boa xogada entre él e Corral. De aí o descanso. Na segunda fixemos dous cambios para mellorar algún problema que tíñamos no medio e costounos. Pero o final creábamos moito perigo con combinacións por banda. Castiñeiras culminaría unha boa triangulación entre Javi, Samuel e él mesmo. Regateaba o porteiro e pechaba o marcador. Lamentar a lesión de Xuco que por desgracia para nós, non o puidemos ter durante moito tempo está tempada, por problemas físicos que hoxe de novo lle volven, e nos volven a sacar unha gran axuda, dun gran xogador. E que sen dúbda o vamos a notar. Reconocer o gran partido do castrelo que en ningún momento baixou os brazos e que tamen teria varias ocasión para poder marcar. Que entre a defensa e Diego que fixo varias paradas de mérito, lograrían solventar e que quedáramos ca portería a 0 de novo.. Gran traballo de todo o equipo que pelea e nn se da por vencido.. Ainda que se teña dificultades, dificultades que temos en case todos os partidos xa que os marcadores son axustados”.
 

Goles : 0-1, Samuel, (32´); 0-2, Casatiñeiras, (85´).

 


 
+++++++++++++++++++++++++
-CLASIFICACIÓN-

-24ª XORNADA-

17 de Marzal do 2019

SD Laxe – CF Porteño

Cabana SD – UD Corcubión

EF As Baleas – Sporting Seaia CF

CD Nantón – Outes CF

SD Coristanco – FC Camariñas

SD Camelle – CF Castrelo

Descansa :  SD Castríz.

-PICHICHI-

-Sebas, (SD Castríz) : 32

-Iván Mato, (Cabana SD) : 28, (4 de penalti)

-Djibril, (FC Camariñas) : 22, (2 de penalti)

-Samuel, (SD Coristanco) : 17, (1 de penalti)

-Adrián Lema, (SD Laxe) : 14, (1 de penalti)

-Santi Álvarez, (Outes CF) : 16

-Xuco, (SD Coristanco) : 14, (1 de penalti).

-Pablo Pose, (Cabana SD) : 13

(Os goles que recollemos son os que aparecen nas actas arbitrais).

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-