O SD CASTRÍZ GOLEA O PORTEÑO E ACADA O ASCENSO A LIGA DA COSTA

3ª DA COSTA
-PROMOCIÓN DE ASCENSO-

O SD Castríz celebrou por todo o alto a volta a Liga da Costa.

 

SD Castríz 4-0 CF Porteño

-O equipo xalleiro acada o ascenso a Liga da Costa-

 
 Non lle deu opcións o SD Castríz ao CF Porteño que precisaba gañar por 2 goles de ventaxe para acadar o ascenso a Liga da Costa 2019/20. Un tanto de Iván aos 7 minutos de xogo cortaron de sesgo calquer opción dos porteños para tratar de facer a “machada”, pero pesou moito o resultado da ida, (1-2), e na segunda metade co segundo fgol xalleiro, e segundo de Iván na sua conta particular, o equipo xalleiro xa se fixo dono totalmente do encontro e acabaría goleando, con outro gol de Iván e un de Diego. Os da Ponte do Porto que a pesares do resultado nunca baixaron os brazos, acabarían cun menos os derradeiros minutos por expulsión de Caamaño por dobre cartón, (76´e 83´).
 
SD Castríz : Sergio, (Álvaro, 82´), Carlos, Álvaro, Bruno, Steven, Jesús, (Kevin, 63´), Iván, Martín, (Diego, 65´), Alejandro, (José, 78´), Roberto, (Crístian, 72´), e Sebas.
 
CF Porteño : José Manuel, Caamaño, Andrade, Manuel, Jorge, (Canosa, 60´), Ángel, Jorgito, (Vicente, 45´), Javi Antelo, (Mario, 80´), Javier, (Wii, 45´), Roi, (Martín, 77´), e Tajes.
 
Goles : 1-0, Iván, (7´); 2-0, Iván, (50´); 3-0, Iván, (72´); 4-0, Diego, (78´).

 

Árbitro : Adrián Pérez Rellán, (Comité da Costa da Morte)
Asistentes : Carlos Espasandín e Sebastian Pérez, (Ambos do Comité da Costa da Morte).
 
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Castríz : xogadores, técnisoc, axudantes do clube e afeccionados.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-