O SD CAMELLE RESÍSTESE A DESAPARECER

 

Seguen os movementos na busca de diretiva

Xa van 3 semanas de alongación no tempo dende que o presidente sainte Rubén Pose que levaba 3 tempadas no cargo, fixo a asemblea de socios e deixou a porta aberta a que se presentasen novas candidaturas. Un feito que non pasou e desta volta parece que sí será a derradeira esperanza.

O presidente-fundador do clube camellán Luis Romaní e Gonzalo “Marcha verde”, seguen a buscar xente que queira facerse cargo do clube para que Camelle teña fútbol a vindeira tempada e foron os responsables de que os prazos de presentar a baixa federativa se extendesen.

O ano pasado a piques estivo de que o clube non seguise, pero a liga volveuse moi atractiva con 4 equipos do concello de Camariñas na mesma e decideuse continuar. Agora a diretiva sainte quer deixar paso a nova sabia para o clube, pero pasa coma nas comisións de festas, todo o mundo quer festa pero non hai ninguén que queira facerse cargo de orgañizala.

O equipo camellán que milita na 3ª da costa, pásalle o mesmo. Son un  “clube familia”, teñen un gran seguimento tanto no “Rodeiro” coma en calquer campo que visitan, pero pasa o mesmo, todo mundo quer fútbol, pero a hora de presentarse para orgañizalo non hai xente, e non é de extranar pois quita moito do tempo de cada un, e o final convírtese nun traballo pouco valorado.

En concreto segundo nos comenta Rubén Pose : “Aumentamos o prazo a ver se consiguen Luis e Gonzalo convencer a alguén, senón pois tristemente nestes días teremos que dar a baixa federativa o clube”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies