O Camelle ten o día 9 a sua Cea de Nadal.
O SD Camelle equipo da Liga da Costa que preside o muxián José Luis Romaní orgañiza un ano máis a sua Cea do Nadal, e desta volta será nunha carpa no Campo do Santo, a carón da igrexa parroquial o 9 de Nadal. A cea que ten de hora de inicio ás 22:00 horas, terá un menú para adultos e dous para nenos/as de ata 10 anos, contará cunha pulpeira e para fin de festa trala macrocea actuará a Disco Movil Impacto. Trala cea a entrada na festa será de balde para todo aquel que se queira achegar.
O equipo camellán fíxolle o CF Muxía que nesa fin de semana xogará no Rodeiro, adiantar o encontro a ese día, xa que é un día especial para o clube, xa que tanto na diretiva, coma no corpo técnico, coma na plantilla, hai moitos membros e xogadores muxiáns, e moitos deles que xogaron en tódalas categorías do clube da Vila da Barca.
Menú para adultos
Polbo a Feira
Churrasco Mixto
Criollo
Tarta de Santiago
Bebida
Café e Chupito
35 euros
Menú Infaltil 1
Polbo a Feira
Churrasco Mixto
Tarta de Santiago
Bebida
16 euros
Menú Infantil 2
Entremeses
Churrasco Mixto
Tarta de Santiago
Bebida
10 euros
Como apuntarse?
Para apuntarse pode facerse nos bares de Camelle : Molinera, Marítimo e Estanco, ata o día 6. As prazas son limitadas.
AVISO
Se o teu clube ten cea de Nadal, asemblea, ou calquer outro evento infórmanos a través do whatsapp 626 72 00 47 ou no noso correo electrónico admin@piratasdemuxia.es, e publicarémolo.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”