O SD CAMELLE COMEZOU A ADESTRAR ONTE CON MOITAS CARAS NOVAS

 

A piques estivo de desaparecer o SD Camelle equipo da 3ª da Costa dos míticos e apareceu o que fora seu fundador, José Luis Romaní para salvalo e comezar un novo proxecto.

No día de onte comezaba a adestar e remataba cunha churrascada para os xogadores e os presentes no adestramento. José Manuel Ordóñez xunto co director deportivo do equipo, José Luis Romaní Jr, están a confeccionar un plantel remozado. Que o adestrador da Ponte do Porto estivese fai uns anos no Muxía CF, co que acadou os maiores éxitos dos derradeiros anos co clube muxián, co ascenso a Liga da Costa invictos, estalle a ser unha axuda, pois xa ficharon polo equipo camellán os muxiáns : “Ruso”, Santi Makareno, Huchiño, Paulo, (que volve o fútbol tras haber xogado en tódalas categorías do Muxía CF), Marce e repite o porteiro, Roi. Ademáis emparentado con varios dos muxiáns, únese o proxecto, Rubén García, que o ano pasado xogou no SD Fisterra e que ten unha dilatada carreira de xogador, (Laracha, CF Dumbría, Atlético Arteixo, Cerceda, Calasánz, Conxo…), e como adestrador, (Laracha, Atletico Arteixo, Cerceda, ou Boiro).

Agora mesmo a diretiva está inmersa nas renovacións e esperan que renoven cáseque tódolos do ano pasado, agás Snaki que xa fichou polo FC Camariñas.

O SD Camelle xogará un ano máis na 3ª da Costa que comezará con toda probabiliodade na segunda semana de Outubro.

 

Duas das caras novas do SD Camelle, Santi Makareno, (esq), e Ruso.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies