O “SAN PAIO DE REFOXOS” DE CEE SEDE DAS FINAIS DA COPAS DA COSTA MASCULINA E FEMININA.

 

 

Trala xuntanza da RFGF e os clubes CF Muxía e CF Dumbría celebrada esta tarde de luns decideuse que a sede das finais da Copa da Costa masculina e feminina seniors sexan no “San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee), o vindeiro Domingo 8 de Xuño de 2025, sendo primeiro a das mulleres, a partires das 17:00 horas e despois a dos homes, a partires das 19:30 horas.

Por unha vez hai que aplaudir a decisión xa que se designou un campo céntrico para ambas afeccións, o que era doado o estar o Muxía e o Dumbría en ambas finais, pero xa nos teñen acostumado a facer todo o contrario.

Seguimos sostendo que se merecen as rapazas un día especial para elas e ben podía ser unha final o sábado e outra o Domingo, xa que non todo o mundo pode meter 4-5 horas nun campo de fútbol, o que esiuxe a quen queira ver as duas.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies