O SAN LORENZO REMATA O 2024 SUMANDO A PRIMEIRA VITORIA DESTA TEMPADA, E O DUMBRÍA DERROTA O MUXÍA E PONSE A 2 PUNTOS DO LIDER, NOS ENCONTROS QUE TIÑAN PENDENTE.

Os rapaces do San Lorenzo felices ca vitoria.

 

Bertamiráns FC 3-4 SD San Lorenzo

Ainda que van disputadas 15 xornadas o San Lorenzo tiña pendente xogar o encontro ante o Bertamiráns da 12ª xornada que fora suspendido por mor do temporal “Brest”. O equipo berdillés amosara unha notablñe melloría dende a chegada de Iván Rojo o vestiario non era quen de plasmalo en un bo resultado e foi desta volta cando o conseguiron, nun choque no que chegou a ir gañando por 1-4 e no que acabou sufrindo xa que os brioneses puxéronse 3-4 aos 84 minutos de xogo e o choque extendeuse ata 12 minutos no desconto.

Así nolo contan desde o San Lorenzo :

“Partido de moita disputa e xogo directo donde o SanLo se adiantaba no minuto 42 tras unha falta que sacan en corto e tras un centro lateral Eloy anota o primeiro para irse os vestuarios co marcador a favor.
 
Tras o paso por vestuarios o Bertamirans recortaba distancias no minuto 50. No minuto 57 Riki cun auténtico golazo adiantaba de novos os visitantes. Con este gol chegaron os mellores momentos do SanLo no partido co equipo replegado e salindo a contra.
De novo Riki no 68 tras un roubo e contra rápida poñía o 1-3. No minuto 70 Baldo poñía o 1-4 trans unha xogada embarullada en área que a media volta conseguía anotar. Pouco durou a alegría tan so 2 minutos despois o bertamirans recortaba distancias cun gol de penalti. Tocou sufrir co Bertamiráns volcado en campo contrario e nun corner conseguían poñer o 3-4. Tras esto o SanLo quedaba con 9 tras as expulsións de Pere e Javi e a do mister Iván Rojo e por parte local tamén expulsaban a Fabri e houbo 12 minutos de engadido donde o SanLo soubo sufrir e defender o resultado”.
Finaliza así o equipo de Berdillo con 6 puntos no “Faroliño vermello”, pero coa sensación de que todo é posible.
CF Dumbría 4-0 CF Muxía
Tamén se xogou na parte alta o encontro antre o Dumbría e o Muxía desa mesma 12ª xornada, un choque que se presumía máis igualado pero no que os dumbrieses deixaron resolto o choque na primeira metade cun claro 3-o, con goles de Xabi, (2´), Alejandro, (26´) e de novo Xabi, (42´). Tentátono os muxiáns na segunda metade pero a solvencia defensiva dumbriesa foi crucial para non darlle esperanzas os da Vila da Barca. Adrián no 86 mataba finalmente o choque e dáballe 3 puntos aos de Dumbría para rematar o 2024 a 2 puntos do lider, Club do Mar e os muxiáns igual como estaban na 6ª praza cos mesmos 28 puntos co Fisterra, (5º), e a 5 puntos da promoción.

-CLASIFICACIÓN-

Club do Mar : 38 puntos

 CF Dumbría : 36 puntos

 UD Carral : 33 puntos

 Boimorto CF : 32 puntos

 SD Fisterra : 28 puntos

 CF Muxía : 28 puntos

7º SR Calo : 24 puntos

 SD Castriz : 23 puntos

 SD Tordoia : 21 puntos

10º Praiña SPC : 20 puntos

11º Bastavales UD : 20 puntos

12º Vizoño SD : 18 puntos

13º SCDR Esteirana : 18 puntos

14º Vea CF : 17 puntos

15º SD Agolada : 15 puntos

16º Bertamiráns FC : 12 puntos

17º Vista Alegre SD : 8 puntos

18º SD San Lorenzo : 6 puntos

-Foto : Luis González Bota
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/San Lorenzo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies